Merca con Corazón, Merca en Sada

05/02/2021

Merca con Corazón, Merca en Sada

Campaña da concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego de Sada para fomentar o comercio local no San Valentín.


Sada, 5 febreiro 2021.

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego de Sada, prepara unha campaña coa que promocionar e fomentar o comercio local a redor da celebración do 14 de febreiro.

A campaña desenvolverase ao longa da semana do 8 ao 15 de febreiro e nela os comercios adheridos á mesma repartirán entre a súa clientela no momento da compra caramelos e tarxetas de felicitación deseñadas para dita actividade.

Esta iniciativa súmase a outras accións desenvolvidas polo Concello para dinamizar a actividade comercial, achegar á cidadanía o comercio de proximidade e animar á veciñanza a realizar as súas compras nos comercios de Sada.

Os comercios que desexen adherirse á iniciativa poderán indicalo a través do correo electrónico: turismo@sada.gal, ata o martes 9 de febreiro.

Arquivado en:
Novas. Sada. Promoción Económica, Turismo e Emprego.

Temas:
Economía. Subvencións e Axudas. Emprego. Participación Cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA