III OBRADOIRO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA

25 / MAI / 2016

III OBRADOIRO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA

Desde a Asociación Mariñas-Betanzos, entidade xestora da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, están a organizar o III OBRADOIRO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA 

Este Obradoiro está dirixido a persoas interesadas en formas de vida saudables e respectuosas coa terra, co medio ambiente e coa agricultura ecolóxica en particular pero tamén a persoas interesadas en poñer en marcha un horto ecolóxico.

- Folleto Obradoiro

Os contidos do obradoiro serán a identificación e características xerais dos cultivos; Identificación de variedades autóctonas. O recoñecemento do solo: estudo perfil dun solo, toma de mostras, determinación do pH, materia orgánica e textura. As ferramentas básicas para traballos na horta, tanto manuais como mecánicos. A planificación da horta: orientación, distribución de bancais, elección de cultivos, asociacións e rotacións. A preparación de semilleiros: fundamentos, materiais e técnicas; preparación de bancais; labores a realizar nos diferentes cultivos implantados: poda de tomate e pemento, entutorado, recolección de froitos, rega, etc.

Tamén se tratará no obradoiro o control de plantas adventicias. Acolchados: tipos, ventaxas e inconvintes; Plantas aromáticas e mediciñais: identificación, propiedades e usos.A protección de cultivos en agricultura ecolóxica. Pragas e enfermidades máis comúns, métodos e tratamentos a aplicar. Os preparados de plantas insecticidas e vigorizantes: purín de ortiga, decocción de cola de cabalo, etc; Fertilización orgánica e sustentable: elaboración e posta en marcha dun composteiro. A elaboración dun calendario de sementeira e recolleita. A lúa e as constelacións e a súa influencia nos cultivos e o calendario lunar. A colleita e conservación de sementes. A creación dun banco de sementes autóctonas. E finalmente a certificación en agricultura ecolóxica e visita a experiencia demostrativa. 

O Obradoiro terá unha duración de 36 horas (xuño, xullo e setembro), e dará comezo o vindeiro 16 de xuño. O lugar de impartición será a Finca A Carballeira (San Pedro de Nos. Oleiros), ademáis de contar con 6 horas de formación teórica na Aula O Naranxo, de Abegondo.

O prezo será de 60 €/mes. Si se realiza o pago conxunto total do obradoiro terá un 5% de desconto (171 €). Lembrase que as prazas son limitadas. 

Pódese descargar folleto informativo e as inscricións: Obradoiro Agricultura Ecolóxica  

Arquivado en