Emprego organiza un curso gratuito de preparación de competencias clave

13 / MAR / 2017

Emprego organiza un curso gratuito de preparación de competencias clave

Calquera persoa que non teña o Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou estudios homologados é candidata a preparar as competencias clave que lle abrirán as portas para acceder á formación ocupacional e aos obradoiros de emprego, en concreto aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación

As competencias clave necesarias para acceder a todos os certificados dos niveis 2 e 3 de cualificación son:

- Competencia matemática

- Comunicación en lingua galega

- Comunicación en lingua castelá.

A competencia en comunicación en lingua estranxeira requirirase para ter acceso aos certificados de profesionalidade que teñan recoñecido un módulo de idioma estranxeiro no seu programa, xa sexa de nivel 2 ou 3 de cualificación

Por este motivo, o Concello de Sada, a través da concellería de Urbanismo e Emprego, organiza no seu Plan de Formación para o Emprego o curso para preparar o exame de competencias clave nivel 2 e 3 que terá lugar en Silleda o 13 de maio, pode solicitar a inscrición ao mesmo no seguinte enlace

Datas: de martes a venres, do 21/03/2017 ata o 12/05/2017 (excepto Semana Santa)

Horario: de 9:30 a 13:30 h.

Lugar: Aula de música da Casa da Cultura Pintor LLoréns

Prazas limitadas: 20

GRATUITO

Para inscribirse ao curso de preparación pode chamar ao 881929057 ou cubrir o seguinte formulario

Arquivado en