Cursos gratuitos en Sada no marco da programación de actividades da Rede Eusumo

13/02/2019

Cursos gratuitos en Sada no marco da programación de actividades da Rede Eusumo

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada colabora na organización de dous cursos gratuitos no marco da programación de actividades da Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e da Economía Social, en colaboración coa Unión de Cooperativas Espazocoop e a Consellería de Economía, Emprego e Industria - Xunta de Galicia - F.S.E, dirixido a persoas emprendedoras, grupos promotores de cooperativas e a persoas interesadas en xeral.

FICHA DE PROGRAMACIÓN OBRADOIRO 'ACHEGÁNDONOS AO CONFLITO. HABILIDADES PARA A XESTIÓN DO CONFLITO'

FICHA DE PROGRAMACIÓN OBRADOIRO 'ELABORA O TEU PLAN DE EMPRESA COOPERATIVO'

INSCRICIÓN EN LIÑA


Obradoiro 'ELABORA O TEU PLAN DE EMPRESA COOPERATIVO'

OBXECTIVOS:

- Mostrar desde o punto de vista práctico as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.

- Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable.

- Elaborar conxuntamente os distintos apartados do plan de empresa do noso proxecto.

- Avaliar requisitos e compromisos como grupo emprendedor, tarefas a desenvolver, calendario de actuacións.

PROGRAMA

Módulo 1.- Introdución ao plan de empresa.

Módulo 2.- Area Comercial e de Mercado

Módulo 3.- Área Económico- Financeira

Módulo 4.- Area Organizativa e trámites de constitución.

Datas: 25-28/02/2019

Duración 20 HORAS    

Horario 09:30 – 14:30 HS

Lugar de celebración: Concello de Sada (Salón de Plenos), Avenida do Porto, 24, Sada

Prazas: 20

 

Obradoiro HABILIDADES SOCIAIS PARA A XESTIÓN DO CONFLITO,

Traballaranse ferramentas para mellorar as habilidades para o traballo colaborativo.

OBXECTIVOS

Comprender que o conflito é algo natural que está presente na nosa vida.

Coñecer as diferentes fontes das que xurde o conflito.

Coñecer e experimentar os diferentes estilos de afrontamento do conflito.

Achegarnos a xeitos construtivos de xestionar as situacións de conflito.

PROGRAMA

Módulo 1.- O conflito está no aire

Módulo 2.- As fontes do conflito

Módulo 3.- Estilos de resolución de conflitos

Módulo 4.- Pautas para a xestión das situacións conflitivasDuración: 20 h.

Datas: 4, 6, 7 e 11 de marzo

Duración 20 HORAS    

Horario 09:30 – 14:30 HS

Lugar: Salón de Plenos do Concello de Sada, Avda. do Porto, 24

Prazas: 20

 

INSCRICIÓNS AOS CURSOS

Pódese asistir a un ou aos dous, pode cubrir o seguinte formulario: 

INSCRÍBETE AQUÍou tamén podese chamar á Axencia de emprego e desenvolvemento local ao teléfono 881 92 90 57


Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Axencia de emprego e desenvolvemento local. Avisos. Urbanismo e emprego. Sada.

Temas:
Economía. Subvencións e axudas. Emprego. Formación. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Maiores.