Curso para preparar o exame de Competencias Clave

25 / MAR / 2019

Curso para preparar o exame de Competencias Clave

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada organiza a través da Axencia de emprego e desenvolvemento local (AEDL) no seu Plan de Formación Municipal para o Emprego (FORME) o curso gratuito para preparar o exame de competencias clave nivel 2 e 3 que terá lugar en Silleda e habilitará transporte gratuíto para a asistencia ao exame en Silleda (Pontevedra).

Inscrición en liña

Para anotarse a dito curso, será IMPRESCINDIBLE estar inscrito ao exame de Competencias Clave.

Datas: do 01/04/2019 ata o 24/05/2019

Horario: luns, martes e xoves de 9:30 a 11:30 (competencias clave nivel 2), de 11:30 a 13:30 h. (competencias clave nivel 3),

Para delimitar o grupo no que vai participar realizarase unha sesión informativa o LUNS 1 DE ABRIL ás 10:00 h.

Se quere inscribirse ao curso de preparación pode chamar ao 881929057 ou cubrir o seguinte formulario

Prazo de inscrición ao curso ata o xoves 28 de marzo ás 12:00 h.

Calquera persoa que non teña o Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou estudios homologados é candidata a preparar as competencias clave xa que lle abrirán as portas para acceder á formación ocupacional e aos obradoiros de emprego, en concreto aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.

As competencias clave necesarias para acceder a todos os certificados dos niveis 2 e 3 de cualificación son:

- Competencia matemática

- Comunicación en lingua galega

- Comunicación en lingua castelá.

-A competencia en comunicación en lingua estranxeira requirirase para ter acceso aos certificados de profesionalidade que teñan recoñecido un módulo de idioma estranxeiro no seu programa, xa sexa de nivel 2 ou 3 de cualificación

 A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca as probas de avaliación de competencias clave para o 2019.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 29 de marzo de 2019

Data dos exames: 25 de maio de 2019

Arquivado en