CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE OITO TÉCNICOS DE PRIMEIROS AUXILIOS PARA POSTOS DE SOCORRISMO NAS PRAIAS

15/06/2021

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE OITO TÉCNICOS DE PRIMEIROS AUXILIOS PARA POSTOS DE SOCORRISMO NAS PRAIAS

Obxecto da convocatoria. A selección polo procedemento de concurso-oposición, en quenda libre, de oito (8) postos de técnicos de primeiros auxilios que prestarán servizo nas praias do Concello de Sada, en réxime de contratación laboral temporal durante o verán.

IMPORTANTEO prazo de presentación das instancias de participación nos procesos selectivos comenza ao día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

De presentarse a instancia a través do Rexistro Electrónico desta Sede, deberá empregarse o trámite de solicitude xeral e a este achegarlle a instancia de participación e demáis documentación esixida na convocatoria.

O Concello de Sada non dispón dun modelo formalizado para o pagamento das taxas de participación, estas, pódense pagar mediante transferencia bancaria especificando como concepto o establecido nas bases ou mediante tarxeta na Tesourería municipal.

 

 

Arquivado en:
Novas. Avisos. Facenda, Administración Local, Administración Electrónica, Contratación e Seguridade Cidadá.

Temas:
Emprego. Medio Ambiente. Participación Cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude.

AXENDA