Convocatoria para a confección dunha bolsa de emprego para Conserxes

04 / MAR / 2020

Convocatoria para a confección dunha bolsa de emprego para Conserxes

É o obxecto destas bases regular o procedemento de selección para a confección dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de postos de conserxe, pertencentes ao grupo V do Convenio Colectivo, e sempre e cando se requira unha cobertura áxil ou urxente para atender ás demandas de persoal. Agás naqueles casos nos que en virtude dunha subvención outorgada ao efecto ou outra normativa de referencia así o estableza, a presente bolsa de emprego será a canle única de selección do persoal laboral temporal para a cobertura de postos temporais de conserxe.

IMPORTANTE: As instancias solicitando tomar parte nas probas selectivas dirixiranse ao señor Alcalde e presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral deste Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, durante o prazo de dez días naturais a partir do seguinte ao de publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.

Arquivado en