Comezan as obras de rehabilitación do Centro de Formación Ocupacional de Osedo

12 / MAR / 2019

Comezan as obras de rehabilitación do Centro de Formación Ocupacional de Osedo

A reforma foi adxudicada á empresa Groma Obras por 191.479 euros e contempla eliminar as ampliacións, mellorar a accesibilidade e eliminar un muro de mampostería que está na zona de aulas, para contar cun espazo máis amplo e aproveitarase como material de obra para nivelar a planta, que nestes momentos presenta diferente cota.

Sada, 12 marzo 2019.

Colectores e xanelas xa apiladas na entrada é a imaxe coas que arrincaron as obras no Centro de Formación Ocupacional de Osedo, un inmoble que levaba seis anos sen actividade e que se pretende ter acondicionado no prazo de tres meses. Os traballos, impulsados pola concellaría de Obras e Servizos, inclúen a substitución da cuberta, que se atopaba moi deteriorada, e a resolución de diversos problemas que ten de accesibilidade do inmoble. O máis destacado da actuación será a restitución da volumetría orixinal a unha construción dun edificio indiano que albergou as Escolas Nacionais e que acolleu unha escola segregada por sexos.

Actualmente a inmoble conta cun deseño rectangular, con dúas plantas en volumes laterais e unha planta no centro, pero os engadidos, dos que se indicou que presentan deficiencias e complican o uso, serán retirados.

A reforma foi adxudicada á empresa Groma Obras por 191.479 euros e contempla eliminar as ampliacións, mellorar a accesibilidade e eliminar un muro de mampostería que está na zona de aulas, para contar cun espazo máis amplo e aproveitarase como material de obra para nivelar a planta, que nestes momentos presenta diferente cota.

Tal como explicouse ao saír a contratación a obra, a reutilización do material é máis ampla, xa que se aproveitarán todas as portas de madeira do edificio e prevese desmontar as carpintarías actuais da parte traseira, froito dunha reforma, e o muro de ladrillo da parte superior para chegar á arcada orixinal de mampostería, onde instalarán un novo acristalamiento inspirado nas xanelas orixinais da fachada principal.

 

Arquivado en