Aprobación da OEP 2019 do Concello de Sada

30/05/2019

Aprobación da OEP 2019 do Concello de Sada

A alcaldía do Concello de Sada, mediante o Decreto núm. 933/2019, do 24 de maio, aprobou a oferta de emprego público do Concello para 2019,

Publicación no BOP da aprobación da OEP 2019 do Concello de Sada


O actual Cadro de Persoal do Concello foi aprobado a través do Presuposto municipal do exercicio 2018 por acordo plenario de 14-6-2018. Ata o momento non se aprobou o Presuposto para o exercicio 2019, polo que está automaticamente prorrogado o correspondente ao exercicio anterior.

Visto que en dito cadro de persoal figuran vacantes e dotadas presupostariamente diversas prazas cuxa cobertura se considera necesaria no presente exercicio para o normal funcionamento dos servizos municipais, especialmente tendo en conta que por diversos motivos non foi posible efectuar oferta de emprego nos exercicios 2017 e 2018.

Visto o informe da Secretaría Xeral de data 11-4-2019 sobre a tramitación, contido e aprobación do expediente.

–Examinada a relación de vacantes susceptibles de ser ofertadas respectando as taxas de reposición de efectivos establecidas no artigo 19 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2018, que inclúe a previsión de vacantes por xubilación, e considerando que de dita relación deben excluírse para unha vindeira ampliación da Oferta de Emprego:

1. A praza de psicólogo dos Servizos Sociais, por estar pendente de acordo plenario a modificación oportuna na Relación de Postos de Traballo e Cadro de Persoal, para dar cumprimento ás resolucións xudiciais do TSXG de 9 de marzo e 16 de maio de 2016.

2. A praza de traballadora familiar, para atender ás novas necesidades dos servizos sociais.

3. Unha praza de auxiliar de administración xeral, ao estar pendente de sentenza o recurso contencioso-administrtaivo interposto pola afectada contra da resolución municipal, do 09/07/2017, que impuxo sancións disciplinarias que supuxeron para a funcionaria a perda de dito posto.

Visto o disposto nos artigos 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, 69.2 e 70.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, 128.1 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido sobre Disposicións Legais Vixentes en materia de Réxime Local e 48 e 204 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. En exercicio das atribucións que á Alcaldía confire o artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, resolvo:

1.º.–Aprobar a oferta de emprego público deste Concello para 2019, que comprende as prazas vacantes que a continuación se relaciona, dotadas no Presuposto da Corporación e que non poden ser cubertas cos efectivos de persoal existentes, respectando as limitacións impostas pola Lei de Presupostos Xerais do Estado para 2018 e pospoñendo para unha próxima ampliación da oferta, polos motivos expostos nesta resolución, as restantes vacantes ofertables conforme á dita lei:

A) Funcionarios de carreira: Grupo art. 76 TRLEBEP.–Clasificación.–Denominación.–Núm. de vacantes.

A/A2.–Escala de Administración Especial.–Subescala de Servizos Especiais.–Clase Técnicos medios.–Bibliotecario/a.–1.

A/A2.–Escala de Administración Especial.–Subescala de Servizos Especiais.–Clase Policía Local e os seus auxiliares.–Inspector.–1.

C/C1.–Escala de Administración Especial.–Subescala de Servizos Especiais.–Clase Policía Local e os seus auxiliares.– Policía Local.–5.

C/C2.–Escala de Administración Xeral.–Subescala auxiliar.–Auxiliar de administración xeral.–3.

B) Persoal laboral: Nivel de titulación.–Denominación.–Núm. de vacantes.

Educación secundaria obrigatoria ou equivalente.–Coordinador de actividades xuvenís.–1.

Certificado de escolaridade ou equivalente.–Operario de cultura e deportes.–1.

Certificado de escolaridade ou equivalente.–Operario sepultureiro.–1.

2.º.–Establecer no sete por cento das vacantes obxecto de oferta a cota de reserva para discapacitados establecida no artigo 59 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, reserva que se fará efectiva nas convocatorias de prazas da Escala de Administración Xeral, Subescala auxiliar.

3.º.–De conformidade co establecido no apartado 1 do artigo 70 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e 204 da Lei 2/2015 de Emprego Público de Galicia, o prazo máximo para a convocatoria dos correspondentes procesos selectivos será de doce meses a contar desde a publicación desta oferta de emprego”.

Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Avisos.

Temas:
Emprego. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.