Ada Lucia Cardelle e Uxia Grela Lonja gañadoras do concurso Sada Lee 2017

04 / MAI / 2017

Ada Lucia Cardelle e Uxia Grela Lonja gañadoras do concurso Sada Lee 2017

ACTA SORTEO CONCURSO SADA LEE. 1ª CATEGORIA. SELFIE

ACTA XURADO. CONCURSO SADA LEE. 2ª CATEGORIA. PUBLICO ESCOLAR

DECRETO APROBACION ACTA RELACION DA GAÑADORA CONCURSO SADA LEE 2017

DECRETO APROBACION ACTA DO SORTEO. CATEGORIA SELFIE. CONCURSO SADA LEE 2017. 

DECRETO APROBACION MEMBROS DO XURADO CONCURSO SADA LEE 2017

DÍA DO LIBRO 2017

 

A concellaría de Educación, Xuventude e Saúde, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, convocou recentemente o 2º Concurso municipal "Sada Lee" co obxectivo de fomentar a lectura.

O pasado 5 de maio, un xurado composto por Sonia Pernas Velo, docente do CEIP Sada e Contornos, María Neves Rodríguez Riveira, docente do CEIP Mosteirón, e Raquel Vilar García, docente do CEIP Pedro Barrié de Mondego, valoraron os distintos traballos presentados ao concurso polos alumnos e alumnas dos distintos centros de ensino.

O xurado decidiu outorgar o premio do concurso Sada Lee na categoría de Público Escolar a Ada Lucia Cardelle Muñoz, alumna de 10 anos  que actualmente cursa estudos de 5º Educación primaria no C.E.I.P Sada e Contornos.  (Nas fotos o traballo realizado por Ada Cardelle)

Desde a concellaría de Educación "agradecen o labor do xurado composto por Sonia Pernas, María Neves Rodríguez e Raquel Vilar e destacan a valoración das docentes dos traballos presentados a concurso tendo en conta a calidade e orixinalidade dos mesmos".

Nesta categoría do concurso, destinado ao público Escolar dos centros escolares do municipio nos ensinos de Infantil e Primaria (C.E.I.P de Mondego, C.E.I.P. O Mosteirón, C.E.I.P. Sada e Contornos e E.I. Carnoedo), o alumnado presentou un debuxo, fotografía, imaxe ou conto do seu personaxe literario favorito. Durante a semana anterior o Día do Libro os escolares estiveron a traballar nos libros dos personaxes literarios que o día do libro estiveron por Sada.

O premio para os colexios participantes é un lote de libros para a súa propia biblioteca, só polo feito de participar, ademáis o alumno ou alumna gañadora/a conseguirá tamén para o seu colexio unha tablet e para el/ela un lote de libros.

Ademáis do concurso en categoría Escolar, con motivo da celebración do Día Internacional do Libro o pasado domingo 23 de abril a concellaría de Educación organizou unha mañá literaria polas rúas do centro urbano de Sada onde diferentes personaxes literarios reconocibles mundialmente estiveron a interactuar cos veciños e veciñas visibilizando a importancia da lectura nas nosas vidas como algo cotián e que enriquece a nosa imaxinación.

O concurso Sada Lee na súa primeira categoría "Fotografa Selfie" premiaba a quen se sacase un "selfie" con algún dos personaxes que durante o Día do Libro 2017 paseaban polas distintas zonas de Sada.

Unha vez realizado o sorteo para decidir o gañador/a do concurso Sada Lee "Fotografía Selfie" resultou agraciada Uxia Grela Lonja que realizou un "selfie" xunto a Sherlock Holmes (Na foto). O premio nesta categoría consistie nun eBook e nun lote de libros.

Para finalizar as actividades do Día do Libro a concellería programou sesiones de danzas ambientadas en libros infantiles, que representaron las compañías locales de baile Sadanza y Carmen López y unha sesión de cine familiar coa proxección da película “A historia interminable”. 

Bolaño sinalou que a actividade “serviu para que a cidadanía de Sada pasase esta maña do Día do Libro un momento divertido arredor da literatura" e puntualiza que "os libros encheron as rúas de Sada desde diferentes perspectivas” referíndose a que este ano Sada Lee contou con personaxes na rúas; lectura de libros que se trataron nas aulas; danzas ambientadas en literatura e reparto de libros de forma gratuita cedidos pola Deputación.

Arquivado en