Sada celebra o Día do Libro enchendo as rúas de literatura coa segunda edición do Sada Lee

24 / ABR / 2017

Sada celebra o Día do Libro enchendo as rúas de literatura coa segunda edición do Sada Lee

A concellaría de Educación, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, celebrou onte o Día do Libro 2017 con varias actividades de lecer adicadas á literatura. Entre elas un concurso na busca de personaxes da literatura infantil e xuvenil, cine e danza de fragmentos literarios.

Actuación escola Baile Carmen López 

Actuación escola baile Sadanza

Sada, 24 abril 2017

Diferentes personaxes literarias recoñecibles mundialmente estiveron interactuando cos veciños e veciñas de Sada entre as 11:30 a 13:30 horas de onte polas rúas de Sada, “visibilizando a importancia da lectura nas nosas vidas como algo cotiá e que enriquece a nosa imaxinación”, indicaba a concelleira Bolaño.

A actividade enmarcouse nun concurso onde na súa primeira categoría os veciños e veciñas de Sada deberon facer un “selfie” con algunha das personaxes literarias que pasearon esta mañá por Sada. O premio nesta categoría consistirá nun eBook e nun lote de libros.

Na segunda categoría do concurso, destinado ao público Escolar dos centros escolares do municipio nas ensinanzas de Infantil e Primaria: C.E.I.P de Mondego, C.E.I.P. O Mosteirón, C.E.I.P. Sada e Contornos e E.I. Carnoedo, o alumnado presentará un debuxo, fotografía, imaxen ou conto da súa personaxe literaria favorita ou do que significa a lectura nas súas vidas..

Durante toda a semana os escolares estiveron a recibir cada día unha carta dos distintos personaxes anunciando a súa visita do domingo e están a traballar no libro en concreto de cada personaxe literario.

Catro dos personaxes que enviaron a carta aos escolares son Harry Potter, A Raiña de Corazóns (Alicia no país das marabillas), O Principiño e Mary Poppins. Outros dous personaxes sorpresa, O Capitán Garfio e Sherlock Holmes apareceron en Sada este domingo para ler as súas obras cos participantes na actividade.

O premio para os colexios participantes será un lote de libros para a súa propia biblioteca só polo feito de participar ademáis o alumno ou alumna gañadora/a acadará tamén para o seu colexio unha tablet e para él/ela un lote de libros.

A concelleira sinalou que a actividade misturaba unha pequena actividade de busca de personaxes, que os máis pequenos realizaron cos seus pais e nais, e unha vez que atoparon as personaxes "recitaban con eles un fragmento da historia que representan, facíanse un selfie, ou falaban con eles."

Para finalizar as actividades do Día do Libro a concellería programou sesiones de danzas ambientadas en libros infantiles, que representaron las compañías locales de baile Sadanza y Carmen López y unha sesión de cine familiar coa proxección da película “A historia interminable”. 

Bolaño sinalou que a actividade “serviu para que a cidadanía de Sada pasase esta maña do Día do Libro un momento divertido arredor da literatura" e puntualiza que "os libros encheron as rúas de Sada desde diferentes perspectivas” referíndose a que este ano Sada Lee contou con personaxes na rúas; lectura de libros que se trataron nas aulas; danzas ambientadas en literatura e reparto de libros de forma gratuita cedidos pola Deputación.

Arquivado en