Proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir praza vacante de Arquitecto/a Técnico/a. A vixencia desta bolsa é de tres anos, prorrogables por outros 3.
A Concellería de Promoción Económica en colaboración con ACESADA (Asociación de comerciantes e Empresarios de Sada) abre a convocatorias da campaña de promoción das compras no comercio local polo San Valentín 2026
O Concello de Sada organiza as saídas medioambientais gratuitas deseñadas e guiadas por persoas expertas da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)
A concellerías de Emprego e de Educación, Deportes e Xuventude programan un CURSO DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS NO CONCELLO DE SADA. impartido pola Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA).
O Concello de Sada procede á activación dun dispositivo preventivo de seguimento, control e preparación operativa ante un posible risco de asolagamentos na zona da desembocadura do río Maior, ao seu paso polo núcleo urbano.
O obxecto desta convocatoria é regular a concesión de axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar xestionado por ANPAS, na modalidade presencial de luns a venres e durante o período lectivo do curso escolar 2025/2026, para o alumnado escolarizado no Concello de Sada.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade e Emprego programa as actividades sociais dirixidas a persoas maiores de 55 anos para contirubuír co envellecemento saudable, fomentar a autonomía persoal, promover a participación e integración social das persoas. Prazo de inscripción: Do 25 de agosto ao 5 de setembro (ambos inclusive)
Os arquitectos asinantes do proxecto de rehabilitación estiman o investimento necesario en 376.000 euros. Dende o pasado ano a fachada da Capela está reforzada cun sistema de suxeición que obrigou ó peche desta instalación municipal
Persoal da área de Seguridade Cidadá do Concello de Sada —Servizo de Emerxencias Municipal e Policía Local— ven traballando intensamente dende a pasada semana en numerosas intervencións provocadas polo paso da borrasca Ingrid.
A presentación de instancias realizarase durante o prazo de vinte (20) días naturais a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE). As bases xerais inclúen un Anexo IV de materias comúns aplicables ao proceso, ademais das previstas nas bases específicas.