ENTROIDO SADA 2024

08 / ENE / 2024

ENTROIDO SADA 2024

A Concellería de Cultura programa as festas do Entroido Sada 2024 co desfile e Concurso de disfraces e carrozas, a XXXIII edición da festa da Fillora, unha festa Infantil de disfraces e o Enterro da Sardiña.

SÁBADO 10 FEBREIRO: 

17:00 a 20:00 - Festa infantil de disfraces no Pavillón Municipal de Deportes. 

Haberá inchables para grandes e pequenos, xogos de gran formato, talleres de manualidades e animación musical

 

DOMINGO 11 FEBREIRO: 

17:00 a 21:00 - XXXVIII Festa da Filloa no Pavillón Municipal de Deportes. 

Repartiranse un total aproximado de 1200 racións de filloas. O custe da ración será de 3 euros con dereito a catro filloas, unha bebida (a escoller entre café, auga ou anís) e complementos doces como mel, azucre, nata ou chocolate para aderezalas se así se desexa. A animación musical correrá a cargo da charanga DGT.

 

MARTES 13 FEBREIRO: 

17:00 a 19:00 - DESFILE -CONCURSO DE DISFRACES E CARROZAS: Inicio na Casa da Cultura Pintor Lloréns ás 17:00 e finalización no Pavillón Municipal de Deportes ás 19:00. APÚNTATE AO CONCURSO DE DISFRACES

19:00 a 20:15 - Entrega de premios das distintas categorías do Concurso Disfraces e Carrozas.

21:00 - ENTERRO DA SARDIÑA: A comitiva sairá do pavillón en dirección á Praia das Delicias onde, sobre as 21 horas, terá lugar a queima da sardiña, á que despediremos con música de charanga e fogos de artificio.

 

Arquivado en