ENTROIDO SADA 2022

11 / FEB / 2022

ENTROIDO SADA 2022

A Concellería de cultura programa as actividades do Entroido de Sada que terán lugar en diversas localizacións do 26 de febreiro ao 1 de marzo.

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2022 SADA

 

Sábado 26 febreiro

  • 17.00-20.00h Festa Infantil. Carpa detrás da Terraza. Un espazo lúdico para infancia onde poderás atopar grandes xogos, inchables, obradoiros, área bebés, etc. Grandes sorpresas nos agardan esta tarde!

 

Domingo 27 febreiro

  • 12.00h Desfile e concurso de disfraces. Paseo Marítimo. Para participar no noso concurso só tes que inscribirte no formulario que estará habilitado nos vindeiros días e prepárate, porque hai até 4.000 euros en premios. Haberá modalidade MINI (1-4 compoñentes), GRUPOS (+ 5 persoas) e de CARROZAS. E todo isto amenizado pola charanga DGT que nos acompañará durante todo o percorrido.
  • 12.00h a 20.00h XXXVI Festa da Filloa. Carpa detrás da Terraza. Este ano voltan a Sada as filloeiras de Muimenta (Cospeito), onde tamén celebran este evento gastronómico, que no seu caso é Festa de Interese Turístico de Galicia. A tradicional receita desta larpeirada galega poderá ser degustada en Sada dende a mañá á tarde. Durante a xornada contaremos con actuacións de grupos de música tradicional locais.

 

Martes 1 de marzo (SUSPENDIDO POR CHOIVA)

  • Animación de rúa!. Para o tradicional martes de Entroido contaremos con movemento nas rúas de Sada dende o mediodía até a tarde.
  • 12.00h Latexo Percusióne os seus ritmos de batucada.
  • 18.00h Charanga DGTe os seus ritmos  entroideiros
  • 17.00-20.00h Mago Gadalka. Exteriores Casa da Cultura. O Mago Gadalka traeranos o seu postoacristalado de micro maxia para desfrute das familias que se acheguen a visitalo.
  • 17.00 a 19.00h Ximkana Entroido Express. Gran xogo de pistas en distintos recunchos de Sada. 8 personaxes estarán agochados agardando ser descubertos pola rapazallada. Descobre onde se atopan e resolve o enigma que nos propoñen! Atent@s ás redes sociais para ter toda a info!

 

Arquivado en