Concurso de disfraces del Carnaval en Sada 2024

19 / ENE / 2024

Concurso de disfraces del Carnaval en Sada 2024

A concellería de Cultura programa o martes 13 de febreiro o Desfile-concurso de Disfraces e Carrozas dentro da programación do Entroido 2024 de Sada e a tal fin abre a convocatoria do Concurso de disfraces

FORMULARIO DE INSCRICIÓN 

BASES REGULADORAS CONCURSO DE DISFRACES ENTROIDO SADA 2024

PUBLICACIÓN NO BOP DAS BASES DO CONCURSO DE DISFRACES

 

QUE PROPOÑEMOS?

Para celebrar o Entroido en Sada propoñemos organizar un concurso de disfraces o martes 13 de febreiro, organizado pola Concellería de Cultura e Normalización Lingüística dentro da programación do Entroido en Sada 2024.

 

QUEN PODE PARTICIPAR?

Poderán participar todas aquelas persoas e colectivos que o desexen, sen límite de idade.

As persoas concursantes deberán desfilar polas rúas do centro urbano de Sada, segundo o percorrido que proporá a organización, amosando os seus disfraces ao público e ao xurado, exhibindo as coreografías e a animación musical que acompañen a súa proposta.

O concurso organízase en 3 categorías: MINI, GRUPOS, CARROZAS, optando a 3 premios en cada unha delas.

 

COMO ME PODO INSCRIBIR?

Poderás inscribirte (ou inscribir ao teu grupo) cubrindo un formulario, no que se recollerán os datos necesarios, como título do disfrace, número de compoñentes, a categoría, a temática dos disfraces ou os datos da persoa que actúa como representante, entre outros.

Nos casos dos disfraces colectivos, no propio formulario de inscrición deberás facilitar os datos de ata un máximo de 10 participantes do grupo e designar a un deles como representante, aos efectos do cobro dos posibles premios que poidades gañar. A persoa que designedes como responsable, no caso de que gañedes algún premio, deberá presentar un certificado bancario da conta na que debamos realizar o ingreso dos importes, facéndose cargo a partir dese momento da xestión do premio.

As formacións que necesiten música de acompañamento deberán comunicalo a través do formulario e deberán portar os seus propios equipos de amplificación ou os instrumentos necesarios.

 

QUE PRAZO TEÑO PARA INSCRIBIRME?

O prazo de inscrición abrirase o día seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña

O prazo de inscrición finalizará o venres 9 de febreiro de 2024 ás 14:00h.

 

EN QUE CONSISTE O CONCURSO?

As/os participantes inscritas/os no concurso de disfraces achegaranse ao punto de inicio do desfile, que será anunciado con anterioridade pola organización a través da web www.sada.gal e dos perfís municipais nas redes sociais.

Haberá que participar no desfile, realizar todo o percorrido para amosar o disfrace, representar a posta en escena que acompañe, realizar as posibles coreografías, bailes ou cancións preparadas, así como interactuar co público asistente.

Unha vez iniciado o desfile, un xurado valorará os disfraces ao longo do percorrido, fixándose na posta en escena en xeral e na animación festiva dos participantes.

Poderás concursar nunha destas 3 categorías:

  • MINI (ata 4 compoñentes)
  • GRUPAL (grupos de persoas disfrazadas coa mesma temática cun mínimo de 5 compoñentes).
  • CARROZAS (agrupacións con disfraces dunha mesma temática que incluirán plataformas móviles autopropulsadas ou remolcadas, adornadas conforme á temática escollida polo grupo de participantes e relacionada cos seus disfraces).

En cada categoría outorgaremos 3 premios que serán detallados no punto 7 destas bases. Cada participante poderá concursar nunha única categoría.

Todas as persoas participantes menores de idade deberán contar con autorización materna/paterna ou de titor/a ao cargo. Esta autorización requirirase no formulario de inscrición.

O xurado disporá do tempo do desfile para realizar a valoración dos disfraces inscritos ao concurso.

O resultado das votacións farase público á finalización do desfile, no propio lugar de finalización do percorrido, tras da suma das puntuacións recollidas nas táboas de valoración do xurado.

 

QUEN SERÁ O XURADO E QUE VALORARÁ?

O xurado estará composto por un mínimo de 3 persoas, representantes do tecido asociativo e cultural sadense.

O xurado valorará de 0 a 10 puntos cada un destes criterios:

  • Estética, orixinalidade e creatividade dos disfraces e das temáticas escollidas.
  • Posta en escena (acompañamento con coreografías, instrumentos, escenografía…).
  • Detalles da maquillaxe, máscaras e demais complementos propios do Entroido.
  • Grado de elaboración propia/artesanal.
  • As carrozas e “vehículos” inscritos na categoría de carrozas valoraranse mediante os criterios anteriores que sexan de aplicación.
  •  

Cada criterio valorarase de 0 a 10 puntos para obter unha puntuación final. O xurado reunirase ao remate do desfile para fallar un resultado e comunicalo publicamente.

O xurado valorará os disfraces durante o seu paso polo percorrido do desfile.

O xurado poderá descartar do concurso a aqueles participantes que exhiban condutas que poidan considerarse ofensivas, vexatorias ou ofensivas, tanto cara o público como cara a organización, entendendo por isto as condutas que violenten a dignidade outras persoas, alén do marco de irreverencia e transgresión festiva propios do Entroido.

 

PREMIOS

Os premios outorgaranse segundo as puntuacións totais obtidas, despois da suma das valoracións parciais de cada compoñente do xurado.

Haberá 3 premios en metálico por cada categoría: PREMIOS MINI GRUPAL CARROZAS1

  • 1º PREMIO 300€ Mini; 600€ Grupal, 1.000€ Carrozas
  • 2º PREMIO 200€ Mini, 450€ Grupal, 800€ Carrozas
  • 3º PREMIO 100€ Mini, 300€ Grupal, 600€ Carrozas

Os premios daranse a coñecer ao remate do desfile. As persoas e colectivos que resulten premiados deberán aportar a documentación necesaria para o cobro do importe que corresponda.

Establecemos unha compensación económica específica para a categoría de CARROZAS, co obxecto de minorar os custos derivados do combustible dos vehículos tractores, os gastos de desprazamento e o posible aluguer de plataformas remolcadas, coas seguintes condicións:

  • Importe máximo de 1.500 € para este concepto, a repartir entre as carrozas inscritas, sempre e cando cumpran co requisito de empregar un vehículo de tracción a motor e unha plataforma remolcada. Se polo número de inscricións recibidas superásemos o importe máximo establecido, ratearanse os 1.500 € entre o número de carrozas inscritas.
  • Cada carroza participante recibirá un máximo de 250€ por este concepto, sempre e cando cumpran co requisito de empregar un vehículo de tracción a motor e unha plataforma remolcada.
  • As carrozas que decoren unicamente un vehículo pero non equipen plataformas de remolque, ou ben empreguen plataformas pero non necesiten vehículo a motor para a súa mobilidade, percibirán únicamente un máximo de 100€ por este concepto.

O xurado, previa xustificación, poderá declarar desertos algún ou todos os premios a conceder.

Arquivado en