COIDADOS PORTA A PORTA EN SADA NO MES DE NOVEMBRO

03 / NOV / 2023

COIDADOS PORTA A PORTA EN SADA NO MES DE NOVEMBRO

O Concello de Sada promociona o programa Coidados porta a porta que a Xunta de Galicia achegará a Sada. O autobús, que ofrece servizos asistenciais ás persoas maiores para a prevención da dependencia, estará na Praza Irmáns Suárez Picallo do 28 ao 30 de novembro.

Cando estará en Sada?
- Martes 28, mércores 29 e xoves 30 de novembro.

Como pido cita?
Pode solicitar cita previa nos teléfonos 622748283 - 623546992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Que servizos préstanse?
- Servizo de podoloxía: Faise unha consulta básica; unha valoración do estado xeral do pé, un corte e limpeza de uñas, eliminación de durezas, callos e helomas.
- Servizo de audiología: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
- Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e proporcionará pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e minorar unha deterioración, en caso de habelo.

A quen vai dirixido?
- Destes servizos poden beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de maneira gratuíta.

Arquivado en