CABALGATA DE REIS SADA 2022

29 / NOV / 2021

CABALGATA DE REIS SADA 2022

A Concellería de Cultura abre a participación na Cabalgata de Reis 2022 das nenas e nenos que queiran participar como figurantes acompañando ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente, no seu percorrido polas rúas sadenses.

PREME AQUÍ PARA REALIZAR A INSCRICIÓN EN LIÑA DE FIGURANTES NA CABALGATA DE REIS 2022

PREME AQUÍ PARA DESCARGAR FOLLA DE INSCRICIÓN PARA CUBRIR E PRESENTAR NA OMIX OU ENVIAR AO CORREO CULTURA@SADA.GAL

Requisitos para poder participar:

  • Poderán inscribirse rapazas e rapaces nados con anterioridade ao 6 de xaneiro de 2016. As nenas e nenos integrantes de cada carroza irán acompañados por monitores que velarán pola súa seguridade.
  • No proceso de selección terán preferencia as inscricións de persoas empadroadas no Concello de Sada (realizarase unha comprobación de oficio no Padrón Municipal
  • A inscrición poderá realizarase directamente a través da ligazón vía correo electrónico enviando o formulario de inscrición debidamente cuberto a cultura@sada.gal ou de xeito presencial na OMIX, en horario de 9:00h a 14:00h e de 16:00h a 18:00h.

Prazo de inscrición:

  • Inscricións dende o día de publicación destas bases na web municipal ata as 15.00h do venres 17 de decembro.

BASES COMPLETAS DE PARTICIPACIÓN PARA FIGURANTES NA CABALGATA

 

Arquivado en