06 / NOV / 2024
Proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario ou calquera das situacións contempladas no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, ou contratacións temporais de carácter laboral do art. 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal a escala de administración especial, subescala técnica, en todo aquelo que non estea previsto nas “BASES XERAIS PARA ELABORAR BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DO CONCELLO DURANTE O 2024”, aprobadas por Resolución de Alcaldía 820/2024 de data 30 de abril. d. (BOP núm.88, do 07-05-2024).
REFERENCIA DO PROCESO SELECTIVO: PBE 03-2024
VIXENCIA DA BOLSA: A vixencia desta bolsa é de tres anos, prorrogables por outros 3, dende a súa aprobación por resolución do alcalde que se publicará no taboleiro e na sede electrónica municipal.
CARACTERÍSTICAS DAS PRAZAS
- a) Denominación da praza: Arquitecto/a Técnico/a
- b) Escala de administración especial, subescala técnica
- c) Grupo de clasificación: A subgrupo A2.
- d) Tipo de relación xurídica: persoal funcionario interino/laboral temporal.
- 06/11/2024 - Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo PSB 32024: Bolsa de emprego arquitecto técnico)
- 28/10/2024 - Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo PSB 3-2024: Bolsa de emprego arquitecto/a técnico/a
- 14/10/2024 - BASES ESPECÍFICAS BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA