As nenas e nenos de Sada deseñan a iluminación do Nadal

06 / OUT / 2021

As nenas e nenos de Sada deseñan a iluminación do Nadal

O Concello de Sada convoca as nenas e nenos do municipio a participar no concurso infantil “Debuxa a luz do Nadal” onde deberán presentar un debuxo co seu propio adorno de luz navideño. Os elementos gañadores, convertiranse en adornos en luz por unha empresa especializada e posteriormente se instalarán nas rúas do municipio nas vindeiras festas do Nadal

BASES CONCURSO DEBUXA A LUZ DO NADAL

O Concello de Sada, a través da concellería de Cultura, convoca as nenas e nenos do municipio para deseñar adornos navideños luminosos que formarán parte da ambientación, complementando a tradicional iluminación navideña.

Os deseños premiados no concurso convertiranse en adornos en luz por unha empresa especializada e posteriormente se instalarán nas rúas de Sada, complementando á tradicional iluminación navideña.

As nenas e nenos sadenses que queiran participar deberán presentar un debuxo con motivos que representen o Nadal e que poida converterse nun adorno de luz para decorar as rúas. Os debuxos enviaranse do 8 ao 24 de outubro ao correo electrónico cultura@sada.gal e colgaranse para difusión pública e votación na web municipal no apartado do Portal de  Participación Cidadá a partir do 25 de outubro.

Quen pode participar?

Poden participar todas as nenas e nenos sadenses que o desexen e que se atopen entre os 4 e os 12 anos. Pódese participar de xeito individual ou por parellas ou grupos que colaboren na creación dun mesmo debuxo.

Cales son os requisitos?

 Presentar un debuxo, trazado, que teña que ver co Nadal. Tendo en conta que, no caso de ser o gañador, transformarase nun adorno de luz, polo que deberá debuxarse un único elemento,  ou varios unidos, e soamente a silueta, que poderá ter varias cores.

Varios exemplos nos que inspirarse:

O debuxo poderá ter as cores que se queiran e poderá realizarse en calquera técnica: lapis de cores, pintura de dedos, acuarelas...

Como se participa?

Para participar deberán que enviar un e-mail a cultura@sada.gal incluíndo o seguinte:

O asunto do e-mail debe ser “Debuxa a luz do Nadal”.

O debuxo figurará como arquivo adxunto no e-mail.

No corpo do e-mail debedes escribir os nomes, apelidos e idade das/os participantes.

No corpo do e-mail tamén debe figurar o título que dades ao voso debuxo..

Prazos

O prazo para o envío de propostas de participación rematará o domingo 24 de outubro ás 23:59h.

Quen escolle a ilustración gañadora?

As propostas presentadas ao concurso colgaranse na web municipal dentro do Portal de Participación Cidadá do Concello de Sada (participa.sada.gal) a partir do luns 25 de outubro. As imaxes estarán expostas para votación pública ata o domingo 31 de outubro ás 23:59h.

As ilustracións gañadoras serán escollidas por votación popular na web municipal no apartado do Portal de Participación Cidadá. Para facelo contabilizaremos o número de “votacións” que reciba cada debuxo.

Ao mesmo tempo, a Alcaldía designará un xurado do concurso, quen puntuará as propostas ordenándoas de maior a menor puntuación, atendendo a criterios como: a estética, a orixinalidade e simpatía e os detalles do debuxo; ordenándoas de maior a menor.

Cal é o premio?

Simplemente a ilusión de ver o debuxo convertido nun dos motivos de decoración navideña que ambientará as rúas de Sada neste Nadal.

Establécense tres premios, que se outorgarán aos seguintes deseños:

Un premio por votación popular, para o deseño que consiga o maior número de “votos” en plataforma.sada.gal.

Dous premios para os deseños que consigan a mellor puntuación na valoración do xurado.

No caso de que un dos premios do xurado coincida co deseño gañador da votación no Portal de Participación, o premio pasará ao seguinte deseño con mellor puntuación.

O Concello de Sada encargará decoracións de iluminación navideña baseados nos tres deseños gañadores e instalaraos nas rúas de Sada durante o Nadal. 

Arquivado en