O CONCELLO DE SADA INFORMA DO PRAZO DE CONSULTA DO CENSO ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS A CORTES XERAIS DE 2026

12 / OUT / 2026

O CONCELLO DE SADA INFORMA DO PRAZO DE CONSULTA DO CENSO ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS A CORTES XERAIS DE 2026

O período de consulta e presentación de reclamacións ao censo electoral estará aberto do 12 ao 19 de outubro na oficiña do Padrón Municipal. As persoas interesadas poderán comprobar os seus datos de inscrición e, se é necesario, solicitar a súa corrección.

Con motivo da convocatoria das eleccións a Cortes Xerais de 2026, o Concello de Sada informa de que, segundo a normativa electoral, o período de exposición pública do censo electoral e de presentación de reclamacións estará aberto do 12 ao 19 de outubro, ambos os dous incluídos. Durante este período, as persoas electoras poderán consultar os seus datos de inscrición no censo electoral e comprobar que son correctos.

PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS

No caso de detectar algún erro ou incidencia nos datos censuais, as persoas interesadas poderán presentar unha reclamación para solicitar a súa revisión.

Para tramitar unha reclamación, será necesario:

  • - Que estea asinada pola persoa interesada.
    - Que vaia acompañada dun documento identificativo da persoa electora.
    - Que se indique a data de inscrición no Padrón Municipal de Habitantes, no enderezo que figura no impreso de reclamación.

Recoméndase consultar previamente coa oficiña do Padrón Municipal antes de presentar unha reclamación, co obxectivo de comprobar a situación censual e determinar se procede realizar o trámite.

O prazo de exposición pública do censo electoral remata o luns 19 de outubro. Para garantir a correcta tramitación das reclamacións, é importante realizar as comprobacións dentro do período establecido.

O Concello de Sada anima á cidadanía a verificar os seus datos censuais para evitar posibles incidencias de cara á próxima convocatoria electoral.

Arquivado en