A Concellaría de Deporte, Educación e Xuventude do Concello de Sada, convoca a oferta das Escolas de Verán 2024. O Concello de Sada pretende desta forma atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses.
O executivo de Benito Portela tamén proporá á corporación a aprobación dun Plan Antifraude e a instalación en dependencias municipais dun punto de actualización da información do DNI.
“Este goberno local ten un compromiso firme coa posta en valor do histórico barrio de Fontán. Con estas obras redobramos esforzos para mellorar os servizos públicos e urbanizar a principal vía que atravesa o barrio” explicou o concelleiro de Obras e Servizos e Medio Ambiente, Fernando Fariña
“Estamos a falar dunha das vías centrais das nosa vila, polo que a súa mellora non só redundará na veciñanza da zona, senón do conxunto de sadenses que necesitan empregala xa sexa en vehículo ou a pé”, remarcou o alcalde, Benito Portela. Estas obras terán un prazo de execución de 5 meses
A Deputación da Coruña, dentro da súa programación deportiva para o ano 2024, pon en marcha un ano máis os campamentos deportivos deste verán.
O obxectivo do Concello é que a piscina poida estar aberta ó público a comezos de verán e ata mediados de setembro. O Concello xa comezou os primeiros traballos de limpeza da contorna para preparar a infraestrutura para a súa apertura
Onte, domingo 21 de abril, rematou a XVII Mostra de Teatro Afeccionado de Sada, coa entrega dos premios Lugrís Freire e a representación da obra "Melocotón an Almibar" da compañía sadense Teatro Artesán. De entre as 36 solicitudes presentadas a concurso, as catro compañías que foron seleccionadas para a Mostra máis a seleccionada para o día de peche, recibiron un premio fixo de 800€. O premio do xurado recaeu en "De marzo a marzo" da compañía Opaí Teatro (Ferrol) que recibiu unha figura de cerámicas O Castro e outros 400€ para impulsar os seus futuros traballos. Pola súa banda, o público valorou de forma maioritaria a obra "Até logo, Mari Carmen" da compañía Caixón de Xastre (A Coruña) quen tamén foi obsequiada cunha figura de cerámicas O Castro e outros 400€ que sen dúbida contribuirán á creación de novos proxecto
Para a apertura da piscina o Concello trasladou a Sargadelos o compromiso para executar unha serie de melloras, así como a asunción do mantemento e gastos derivados do seu uso. O goberno local amosou a Sargadelos o seu firme compromiso para que o importante patrimonio artístico e cultural que atesoura o Museo Carlos Maside sexa accesible á cidadanía, propoñendo un convenio dotado con 15.000 euros para ampliar o horario de visitas
Mediante resolución da Presidencia número 5074, do 12 de febreiro de 2024, publicada no BOP do 15 de febreiro de 2024, procedeuse a conceder, de forma provisional, as subvencións da convocatoria FO207: Convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento de conservatorios, escolas de música e escolas de danza municipais, durante o ano 2024