Actualidade

Filtrar

CANCELACIÓN ACTIVIDADE A VILA DO MAÑÁ

CANCELACIÓN ACTIVIDADE A VILA DO MAÑÁ

Informamos ás familias inscritas para participar na actividade “A Vila do Mañá” que debido ás condicións meteorolóxicas previstas para a próxima semana, esta NON PODERÁ CELEBRARSE entre o luns 1 e o xoves 4 de setembro.


25 / AGO / 2025

COMPARTIR EN:
SERVIZO DE COMEDOR NO CEIP SADA Y CONTORNOS CURSO 2025-2026

SERVIZO DE COMEDOR NO CEIP SADA Y CONTORNOS CURSO 2025-2026

Procedemento de matrícula do servizo de comedores escolares no CEIP Sada y Contornos xestionados polo Concello de Sada, para o curso escolar 2025-2026. En función das situacións sobrevidas que puideran xerarse, o servizo poderá sufrir cambios no desenvolvemento do mesmo.


16 / XUL / 2025

COMPARTIR EN:
SAÍDA INTERMAREAL Á PRAIA DE ARNELA

SAÍDA INTERMAREAL Á PRAIA DE ARNELA

O sábado 12 de xullo o Concello de Sada e a SGHN organizan unha saída medioambiental a Praia de Arnela onde coñeceremos as especies vexetais e animais máis comúns no rico espazo intermareal da ría de Sada.


04 / XUL / 2025

COMPARTIR EN:
ACTIVIDADES DE LECER INFANTÍS E XUVENÍS 2025

ACTIVIDADES DE LECER INFANTÍS E XUVENÍS 2025

A Concellería de Educación, Deporte e Xuventude anuncia e abre a a participación das distintas actividades de lecer infantís e xuvenís para o mes de xullo 2025


13 / XUN / 2025

COMPARTIR EN:
CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN SADA 2025

CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN SADA 2025

A Concellería de Deporte, Educación e Xuventude do Concello de Sada, leva a cabo a promoción e organización de actividades socioeducativas destinadas á infancia e á mocidade no eido do lecer e o tempo libre. É consciente esta concellería da importancia que ten facilitar canles polas que os nenos/as poidan participar neste tipo de actividades, e polo que este ano convócase a oferta do Campamento de Conciliación 2025. O Concello de Sada pretende desta forma atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses.


05 / XUN / 2025

COMPARTIR EN:
"Pueblo Digital" en Sada. Cursos gratuitos para adolescentes

"Pueblo Digital" en Sada. Cursos gratuitos para adolescentes

A Concellaría de Deporte, Educación e Xuventude a través de CiberVoluntaros oferta cursos gratuítos para adolescentes de 11 a 14 anos onde aprenden a usar ferramentas dixitais para expresar as súas ideas, a facer un uso seguro e responsable da tecnoloxía e a descubrir o seu talento en áreas STEAM


30 / MAI / 2025

COMPARTIR EN:
CONVOCATORIA PRAZA DE INSPECTOR PERSOAL FUNCIONARIO DO GRUPO A/A2 OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2024.

CONVOCATORIA PRAZA DE INSPECTOR PERSOAL FUNCIONARIO DO GRUPO A/A2 OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2024.

As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para o acceso, polo sistema de concurso-oposición pola quenda de promoción interna a unha (1) praza de persoal funcionario denominada: Inspector-Xefe, pertencente á escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local (escala executiva, categoría inspector), grupo A, subgrupo A2, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2024.


16 / MAI / 2025

COMPARTIR EN:
XABACONCURSO

XABACONCURSO

A Asociación DeVuelta coa colaboración da concellería de Cultura programa un "Xabaconcurso" para a rapazada de 5 a 12 anos.


07 / MAI / 2025

COMPARTIR EN:
CONVOCATORIA BOLSA DE EMPREGO DE CONSERXE/ORDENANZA

CONVOCATORIA BOLSA DE EMPREGO DE CONSERXE/ORDENANZA

O Concello de Sada convoca selección de persoal con caracter interino para postos de persoal laboral ou persoal funcionario de conserxe/ordenanza:


24 / MAR / 2025

COMPARTIR EN:
Campamento Dixital en Semana Santa

Campamento Dixital en Semana Santa

Campamento Dixital é un programa de actividades extraescolares gratuítas para nenos, nenas e adolescentes de 9 a 11 anos en competencias dixitais. Son sesións de formación gratuíta máis actividades complementarias online guiadas, durante as vacacións de Semana Santa.


17 / MAR / 2025

COMPARTIR EN: