OEPE 7-22 Estabilización: Provisión en propiedade polo sistema de concurso de unha (1) praza de Auxiliar Administrativo de Información, Rexistro e Comunicación, funcionario DA6ª da Lei 20/2021
A Concellaría de Educación, Xuventude, Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Sada, leva a cabo a promoción e organización de actividades socioeducativas destinadas á infancia e á mocidade no eido do lecer e o tempo libre. É consciente esta concellaría da importancia que ten facilitar canles polas que os nenos/as poidan participar neste tipo de actividades, e polo que este ano, igual que en anos anteriores, convócase a oferta das Escolas de Verán 2023. O Concello de Sada pretende desta forma atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses.
O Concello de Sada e a comunidade parroquial de Sada organizan as alfombras florais do Corpus Christi do 11 de xuño do 2023, coa colaboración e elaboración por parte da comunidade parroquial e veciños.
Se coas túas fillas e fillos cústache manter a calma e en ocasións crees que non tes ferramentas e enerxía para acompañarlles nos seus retos vitais. Se a miúdo hai situacións de distanciamento, desencontro, enfado e a comunicación familiar non flúe como antes. Se queres que o voso vínculo mellore e gustaríache vivir esta etapa con curiosidade e alegría: o Concello de Sada anímate a que participes neste curso-taller no que compartiremos con outras familias e desde un enfoque práctico e dinámico unha nova forma de acompañar a súa adolescencia.
Poderán participar todos os clientes do comercio de proximidade de Sada que merquen do 5 ao 25 de xuño en establecementos adheridos á campaña.
A instalación tivo que pechar o día 5 de maio por problemas co nivel do cloro.
Procedemento para a selección de traballadores desempregados, para a súa contratación en réxime laboral temporal, ao abeiro da subvención concedida ao Concello de Sada pola Deputación da Coruña, publicada no BOP núm.57, do 23-3-2023 consonte ás bases do programa Pel-Concellos 2023 de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia (BOP núm. 13, do 19-1-2023).
Selección de traballadores desempregados, para a súa contratación en réxime laboral temporal, ao abeiro da subvención concedida ao Concello de Sada pola Xunta de Galicia, publicada no DOG num. 22 do 1-2-2023 consonte e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2023
O programa de animación á lectura con cans, para nenas e nenos de 6 a 11 anos, volve á Biblioteca Municipal o sábado 27 de maio en dous turnos: de 10.30 á 11:30 horas e de 11:30 a 12:30 horas
A Concellería de Cultura programa un obradoiro de vestiarios y complementos modernistas para a veciñanza de Sada
As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición por quenda libre, dunha (1) praza de funcionario de carreira da Escala de Administración Xeral, Subescala Auxiliar, pertencente ao Grupo C, subgrupo C2 de clasificacións, reservada a persoas con discapacidade, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2019 (BOP núm. 101, do 30-5-2019)
A Deputación da Coruña, dentro da súa programación deportiva para o ano 2023, pon en marcha un ano máis os campamentos deportivos deste verán, estes campamentos están destinados a 400 nenos/as empadroados/as nun concello da provincia da Coruña, nacidos entre o 1 de xaneiro do 2009 e o 31 de decembro de 2014