Se desexa pór en coñecemento do Comité Antifraude feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados con fondos europeos pode utilizar a Canle Antifraude. Pode facer a comunicación de informacións de maneira anónima a través deste formulario da maneira máis precisa e detallada posible. O Comité Antifraude analizará a información recibida a efectos de determinar o tratamento que deba darse á mesma, realizando as verificacións e actuacións que considere necesarias. No entanto, non se dará curso á información recibida cando a mesma estivese manifestamente infundada ou cando a escaseza da información remitida, a descrición excesivamente xenérica e inconcreta dos feitos ou a falta de elementos de proba fornecidos non permitan ao Comité Antifraude realizar unha verificación razoable da información recibida e unha determinación mínima do tratamento que deba darse aos feitos comunicados.
A canle antifraude permite a calquera persoa empregada pública ou cidadán/a poñer en coñecemento do Comité Antifraude do organismo feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados con cargo a fondos procedentes da Unión Europea. Os aspectos fundamentais da citada canle de comunicación atópanse regulados no PLAN DE MECANISMOS PARA LA PREVENCIÓN, DETECCIÓN Y CORRECCIÓN DEL FRAUDE, LA CORRUPCIÓN Y LOS CONFLICTOS DE INTERESES EN LA GESTIÓN DEL PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN Y RESILIENCIA POR EL AYUNTAMIENTO DE SADA
Prazo: O período voluntario de cobranza dos tributos indicados, será do día 1 de xullo de 2024 ao 2 de setembro de 2024
O Pleno da Corporación aprobou onte por unaminidade unha Declaración Institucional con motivo da celebración do Orgullo LGTBI+
A adquisición destas cámaras farase con cargo ó remanente de tesoureiría. A Concellería de Seguridade Cidadá tamén mellorará os medios materias para os servizos de emerxencias coa adquisición dun novo furgón motobomba
Estes investimentos en infraestruturas educativas súmanse ós 135.000€ xa anunciados coa aprobación dos orzamentos. Tamén serán arranxadas outras instalacións municipais como a Capela de San Roque ou a Casa da Cultura
O executivo de Sada reserva ademáis unha partida de 243.000€ para a construción do módulo deportivo de Mondego á espera de que a Xunta de Galicia clarifique a súa achega para esta infraestrutura logo do aumento dos custes.
Algo máis da metade do orzamentado irá destinado á reurbanización da rúa Camiño de Ferrer, no barrio de Fontán. O resto do importe repártese entre as parroquias de Carnoedo, Meirás, Osedo, Soñeiro, Mosteirón e Sada
O proxecto promovido polo Goberno local contempla un investimento total de 665.000 euros para transformar por completo esta vía
Sada programa a tradicional festa de San Xoan con música, a súa famosa sardiñada e fogos de artificio para a noite máis curta. A partir das 19:00 do 23 de xuño na área do Curruncho poderanse degustar ate un total de 1.000 kg. de sardiñas, repartidas en racións de media ducia de sardiñas, taza conmemorativa, pan de broa e bebida a escoller entre botella de viño, auga ou refresco, todo por un prezo de 7€. Para animar esta celebración os grupos de música tradicional do municipio estarán tocando e bailando na zona da Praia das Delicias durante toda a xornada. Ás 00:00 realizarase o acendido das lumeiradas acompañado dunha sesión de fogos de artificio para posteriormente dar paso á sesión Dj que rematará de madrugada.
O Concello oferta un amplo abano de actividades que van dende clases de paddle surf ata un torneo de freestyle
Bolsa de emprego 13 e 14-22 ampliación da bolsa de peóns e peón-condutor Brigada de incendios forestal