A Deputación da Coruña concede a Sada unha subvención de 189.072 euros do programa FOPPSS/2022

02 / MAI / 2022

A Deputación da Coruña concede a Sada unha subvención de 189.072 euros do programa FOPPSS/2022

O Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección de Servizos Sociais da Deputación Provincial da Coruña concedeu ao Concello de Sada unha subvención correspondente ao programa FOPPSS/2022 por importe de 189.029 euros.

Mediante resolución da Presidencia do 12 de abril de 2022, publicada no BOP 74 do 20 de abril de 2022, procedeuse a conceder  as subvencións da convocatoria FOPPSS/2022: Programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais no ano 2022, que no tocante ao Concello de Sada ascende a 189.072 euros.

CONCELLO DE SADA

MÓDULO Módulo subvencionado :

I Persoal administrativo grupo C1 ou C2 - 18.000,00 €

I Persoal administrativo grupo C1 ou C2 -  18.000,00 €

II Persoal técnico A2 -  22.000,00 €

III Persoal técnico A1  - 26.000,00 €

IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia – 105.072,00 €

TOTAL 189.072 €

Arquivado en