XVI MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO DE SADA PREMIOS LUGRIS FREIRE 2022

22 / XUL / 2022

XVI MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO DE SADA  PREMIOS LUGRIS FREIRE 2022

O Concello de Sada, dentro das súas competencias na promoción da participación cultural activa da poboación, está a traballar no fomento das artes escénicas, coa programación do encontro de Teatro Afeccionado, que este ano celebra a súa décimo sexta edición.

Bases reguladoras da convocatoria da XVI mostra de teatro afeccionado do concello de Sada, premios Lugrís Freire 2022

ANEXO I FICHA INSCRICIÓN

ANEXO III Declaración responsable

 

O certame pretende achegar a creación teatral das compañías de carácter afeccionado a poboación, aportando unha mostra do panorama do teatro afeccionado que se fai en Galicia ou doutras comunidades.

A mostra pretende servir de estímulo e fomentar a participación cidadá activa que atopa unha canle estable a través da Escola Municipal de Teatro de Sada e da Compañía de Teatro Municipal de Sada.

Nas bases se recollen os requisitos dos grupos ou compañías participantes, presentación e solicitude de inscrición, prazos, selección, xurado, premios

Toda a documentación deberá presentarse no Rexistro do Concello de Sada de xeito presencial ou de xeito telemático; tamén poderá presentarse no Rexistro de calquera órgano administrativo pertencente a Admón. Xeral do Estado, no de calquera Admón. Da Comunidade Autónoma ou nas oficinas de correos.

Calquera dúbida debe ser remitida ás seguintes direccións de correo electrónico:casacultura@concellodesada.com ou cultura@sada.gal

As funcións de presentación das obras seleccionadas na XVI Mostra de Teatro do Concello de Sada, Premios Lugrís Freire, terán lugar nos días 2, 9, 16, 23, 29 e 30 de outubro, fixando o domingo 30 de outubro, para a realización da Gala de Clausura e entrega de premios da XVI Mostra.

Toda a documentación deberá entregarse a través da sede electrónica do concello de Sada.

Prazo de inscrición: 21 de xullo ao 19 de agosto de 2022

Prazo de selección das obras 20 agosto ao 03 de setembro de 2022

Notificación da selección: As compañías que finalmente sexan participantes na XVI Mostra de Teatro Afeccionado serán comunicadas por teléfono ou vía email.

Publicación da selección: 12 de setembro de 2022, na web do concello

 

Premios:

Un premio de 800€ para as compañías seleccionadas para a fase de representación da Mostra

Un premio de 400€ ao mellor espectáculo escollido polo xurado

Un premio de 400€ ao mellor espectáculo escollido polo públicos

Un recoñecemento do xurado á mellor actriz/actor

 

 

 

Arquivado en