
O días 24 e 25 de xaneiro celebrarase en Sada a décima edición do TRAIL COSTA DOCE organizado polo Concello de Sada e o Club de Atletismo Sada
INSCRICIÓNS ATA O 18 DE XANEIRO
O X TRAIL COSTA DOCE terá lugar o sábado 24 e o domingo 25 de xaneiro do 2026 e contará con seis variantes:
- Combinada: Trail nocturno + Trail longo
- Trail nocturno: SÁBADO 24 as 19:00h
- Trail longo: DOMINGO 25 as 10:00h, 30 km aprox., con +1.000 é -1000 metros
- Andaina: DOMINGO 25 as 10:05h , 16,5 km aprox., con +500 é -500 metros
- Trail curto: DOMINGO 25 as 11:15h , 16,5 km aprox., con +600 é -600 metros
- Trailiño : DOMINGO 25 as 11:20h , 10,5 km aprox., con +300 é -300 metros
As distancias e desníveis indicados para cada modalidade son aproximados e orientativos. Poderán sufrir lixeiras modificacións debido a axustes de última hora relacionados con condicións do terreo, labores de corta, permisos administrativos ou outras circunstancias alleas á organización.
ITINERARIO:
Circuitos circulares que se desenvolve en terreo de monte prácticamente en todo o seu percorrido. Os tramos que transcorren por asfalto son fundamentalmente en zonas peonís. En ocasións cruzaranse estradas onde dispoñerase de persoal para regular o tráfico. Facilitarase a información necesaria a través de redes sociais e web.
CONDICIÓNS
Os participantes corren baixo a súa propia responsabilidade.
A organización non se fai responsable dos accidentes ou danos que poidan recibir ou producir os participantes, aínda que se dispoñerá dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes para os mesmos, estean ou non federados en montaña.
En caso de retirada, deberá avisarse ao persoal da organización.
No suposto de lesión, ou impedimento para regresar polos propios medios a meta, pedirase axuda á organización que xestionará o rescate. Facilitaranse teléfonos de contacto para emerxencias.
O circuíto non estará pechado ao tránsito de vehículos, polo que todo participante está obrigado a cumprir as normas de circulación viaria, sendo responsable de cantas infraccións puidese cometer, e deberá respectar o paso de gandos, persoas e vehículos.
No caso de que as autoridades correspondentes diten medidas restritivas que afecten ao normal desenvolvemento da proba, facilitarase a información necesaria a través de redes sociais e web.