02 / NOV / 2026 - 30 / NOV / 2026 A Casa da Cultura Pintor Lloréns acolle do 2 ao 30 de novembro unha exposición das obras da artista Patricia Pazos Mouzo, unha oportunidade para achegarse ao seu traballo creativo e descubrir a súa proposta artística.
21 / NOV / 2026 - 21 / NOV / 2026 A actividade celebrarase o sábado 21 de novembro, con saída ás 11:00 horas desde a Casa da Cultura Pintor Lloréns. A chegada está prevista para as 12:15 horas, cando se dará lectura ao manifesto conxunto.
21 / NOV / 2026 - 21 / NOV / 2026 O sábado 21 de novembro, ás 19:00 horas, o Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns acollerá o Concerto de Santa Icía da Banda Municipal de Sada, dirixida por Miguel Brea Seoane.
22 / NOV / 2026 - 22 / NOV / 2026 A Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada acolle o domingo 22 de novembro, ás 18:00 horas, a proxección do documental «VIVAS. Actrices por supervivencia», unha película documental dirixida por Rubén Ríos. A actividade contará coa presenza do director, que participará nun coloquio e debate co público ao remate da proxección.
22 / NOV / 2026 - 22 / NOV / 2026 Dentro da programación municipal con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Emprego do Concello de Sada organiza un Curso de Defensa Persoal Feminina, unha iniciativa destinada a ofrecer ás mulleres ferramentas e recursos para mellorar a súa seguridade e capacidade de resposta ante posibles situacións de perigo.
18 / DEC / 2026 - 18 / DEC / 2026 A proba celebrarase o 18 de decembro, con saída das categorías de menores ás 19:00 horas e da carreira absoluta de 5 quilómetros ás 21:00 horas, no contorno de As Brañas.