V ENTROIDO DE TAPAS DE SADA

03 / FEB / 2020

V ENTROIDO DE TAPAS DE SADA

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego xunto co sector hostelero organiza os vindeiros 21,22 e 23 de febreiro a V edición do concurso Entroido de Tapas co obxetivo de promocionar e potenciar a hostelería, restauración e o turismo no municipio a través da creatividade da oferta vinculada a gastronomía do Entroido galego. 

Folla Inscrición

BASES DE PARTICIPACIÓN

Poderán participar no concurso todos aqueles establecementos de hostalaría do concello de Sada que o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas.

Cada establecemento presentará 1 tapa de cociña orixinal e de calidade. O prezo da tapa será de 1€ IVE incluído (consumición aparte). O prezo establecido é un prezo promocional de obrigado cumprimento durante todo o concurso. Só poderán participar as tapas deseñadas e elaboradas específicamente para o concurso, non aceptándose tapas que xa estean na carta ou habituais do establecemento.

As tapas elaboránse de forma artesanal con algún producto galego, autóctono ou de tempada propia do Entroido. Deben ter unha presentación concreta e un nome descritivo co que concursarán. Os concursantes deben de cumprir a normativa legal vixente en materia de seguridade alimentaria en todos os procesos de elaboración das súas propostas.

Ás papeletas de votacións e as furnas poderán ser recollidas no 3º andar do Concello de Sada na data establecida polo mesmo, a cal se dará a coñecer nos días vindeiros.

O prazo de inscrición abrirase o luns 3 de Febreiro e pecharase o Venres 7 de Febreiro (ambos inclusive).

Cota de participación: a participación é gratuíta para todos os establecementos participantes.

Todos os establecementos participarán nun concurso onde se outorgarán os seguintes premios:

  • Premio Xurado Popular á mellor tapa. Ao probar unha tapa do concurso, o establecemento do que se trate poñerá o seu selo no lugar habilitado para iso no folleto. Tan só terase en conta o voto daquelas persoas que degustasen 3 tapas en como mínimo dous dos establecementos participantes. Estes terán que cubrir o apartado correspondente do folleto e introducilo na furna habilitada para iso en todos os establecementos. Os folletos que non presenten os 3 selos coas condicións indicadas, non serán válidos.O establecemento que obteña a maior puntuación do público obterá o premio á mellor tapa. O segundo e o terceiro en votos recibirá unha mención especial. Premio Xurado Profesional á mellor tapa.
  • Premio Xurado Profesional: O xurado profesional, composto por membros que serán nomeados polo Departamento de Promoción Económica, elixirá as mellores creacións. O xurado acudirá debidamente identificado e degustará as tapas en todos os establecementos durante o desenvolvemento do concurso. A súa decisión será inapelable. 
  • Premio clientela. Entre os votos físicos válidamente emitidos nos locais, e cubertos con todos os datos requeridos na papeleta, escolleranse tres gañadores por sorteo que se realizará de xeito público no Concello de Sada. A data do sorteo darase a coñecer nas redes sociais do Concello unha vez rematada a fase de votación e entregadas tódalas furnas.

Os establecementos premiados polo xurado popular e do xurado profesional recibirán un obsequio do Concello así como un diploma acreditativo e a súa difusión como gañadores do concurso en medios de comunicación. Entre a clientela participante no concurso sortearánse tres vales de 50€ cada un para canxear en calquera dos establecementos participantes. 

Arquivado en