Un contacontos-obradoiro en Meirás pon fin as actividades nas parroquias

26 / AGO / 2021

Un contacontos-obradoiro en Meirás pon fin as actividades nas parroquias

O Concello de Sada, a través da concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, programou actividades de dinamización para público infantil e familiar nas parroquias do municipio durante o mes de agosto

Co contacontos “Bruja Chispúm”, que tivo lugar onte nas pistas polideportivas de O Castro (Osedo) e o obradoiro-contacontos “Chocolate” que terá lugar hoxe ás 19:00 nas pistas de Meirás darase fin as actividades que o Concello de Sada ven organizando nas parroquias durante o mes de agosto.

Desde o Concelllo de Sada búscase revitalizar as parroquias levando actividades familiares consistentes en animación ao aire libre evitando aglomeracións. Unha vez rematado o ciclo de actividades. Desde a concellería Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, agradecen a "colaboración das asociacións nas parroquias que mostraron unha gran disposición para realizar este tipo de actividades”.

As actividades que se reelizaron nas parroquias foron de tipo participativas onde os nenos e nenas foron os protagonista xunto coas súas familias. Atopar un gran tesouro convertíndose en piratas , poñer en marcha un feitizo , desfrutar dunha fonte  de chocolate , xogar ao twister xigante  ou realizar circuitos deportivos foron as  actividades das que poderán disfrutaron  as familias  en Veigue, Mondego, Carnoedo,  O Castro (Osedo) e que mañá disfrutarán en Meirás.

“Buscamos levar este tipo de experiencias divertidas en forma de contacontos, fomentando a imaxinación e a creatividade, e onde xogar e divertirse de forma segura ao aire libre sexa o primordial”, incide Mouriño.

Arquivado en