Turismo coorganiza un evento de promoción económica do comercio local xunto cos empresarios e comerciantes de Sada

13 / MAI / 2016

Turismo coorganiza un evento de promoción económica do comercio local xunto cos empresarios e comerciantes de Sada

-O concello de Sada, a través da concellería de Promoción Económica, Turismo e medio Ambiente, cederá o espazo da Carpa Acendida, que se instalará fronte ao mar detrás da Terraza este verán, aos comerciantes de Sada para o seu uso os días 20 e 21 de agosto co gallo da celebración dun evento de promoción económica do comercio sadense.

- O concelleiro de Turismo enviou por carta a os comerciantes de Sada a proposta para que sexa unha comisión mixta, formada por un representante da Asociación de Empresarios de Sada e As Mariñas, un representante dos comerciantes de Sada e o concelleiro Liss Suárez Becerra, quen estableza os criterios para a coorganización do evento.

Sada, 13 maio 2016.

O concello de Sada, a través da concellería de Promoción Económica, Turismo e medio Ambiente, cederá o espazo da Carpa Acendida, que se instalará fronte ao mar detrás da Terraza este verán, aos comerciantes de Sada para o seu uso os días 20 e 21 de agosto co gallo da celebración dun evento de promoción económica do comercio sadense dentro do marco das festas de agosto 2016.

O concelleiro de Turismo, Liss Suárez Becerra sinala que a motivación desta iniciativa resposta á intención de “ofrecerlle ao visitante estival a posibilidade de coñecer os productos e servizos de calidade que ofrecen tradicionalmente as tendas da nosa vila” e encádrase “nunha extratexia máis ampla de dinamización do tecido comercial a desenrolar no presente exercicio e nos vindeiros tres anos.”

A concellería de Promoción Económica aposta entre outras iniciativas relacionadas coas Tecnoloxías da Información, por crear un circuito de eventos estable e asentado en armonía cos programados desde todas as áreas de gobernó xunto con outros como a Festa da Xiba ou a Feria Modernista que veñen funcionando desde hai tempo.

O concelleiro de Turismo enviou por carta a todos os comerciantes de Sada a proposta para que sexa unha comisión mixta formada por un representante, que a Asociación de Empresarios de Sada e As Mariñas designe a través dos seus socios, un representante dos comerciantes de Sada e o concelleiro Liss Suárez Becerra, quen estableza os criterios para a coorganización do evento valorando as propostas que as tres partes leven á mesma relativas á programación, á participación dos comercios, ao seu número ou calesquera que nese contexto se fagan co obxetivo principal de organizar un acto coa relevancia que o comercio de Sada merece coa proxección necesaria que se pon inicialmente de manifestó xa coa súa inclusión no calendario das festas de agosto do presente ano.

O concelleiro de Promoción Económica indicou que o concello de Sada “pon de manifestó tamén a súa aposta por un evento eminentemente comercial pero tamén de proxección económica e asociativa cara ao exterior das fronteiras do noso Concello co claro firme compromiso de sumar para construir un proxecto viable de futuro para o comercio sadense desde o punto de vista institucional. 

Arquivado en