21 / SEP / 2025
A concellería de Cultura programa TROMSØ o domingo 21 de setembro ás 19:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura. Programa Outono nas artes da Deputación da Coruña.
SINOPSE DE TROMSØ:
Cando un ser querido nos deixa, o baleiro que queda énchenos dun silencio que, ás veces,nunca conseguimos facer desaparecer. Un silencio que se aferra ao corazón apagando para sempre parte da súa luz.
Tromsø é unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando tormentas, fiordos e enormes cardumes de arenque, na procura dun lugar onde tirar pola borda esa pena que se alimenta da alma e deixala afundir, dunha vez por todas, na inmensidade azul.
Nun lugar onde as candorcas, co seu canto, desgarran o silencio salvaxe da aurora boreal.
ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO