"Tosta de Entroido" de A Covadanca gañadora do Concurso de Tapas de Entroido

17 / FEB / 2016

"Tosta de Entroido" de A Covadanca gañadora do Concurso de Tapas de Entroido

Rematado o prazo de votacións, o resultado do I Concurso "Entroido de Tapas" correspondente ao ano 2016 é o seguinte:

1º Premio, consistente en trofeo, diploma e un premio en metálico de  100 € para a tapa presentada por A Covadanca, "Tosta de Entroido".  Cunha  porcentaxe do 22,9% do total de votos emitidos.

2º Premio, consistente en trofeo e diploma para a tapa presentada polo Cafe-bar Boulevard, "Bocado de entroido",  cun 22,7% dos votos emitidos

3º Premio, consistente en trofeo e diploma para a tapa presentada pola vinoteca Vivamus, "Filloa de Entroido", cun 12,5% do total de votos emitidos.

A Concellalía de Promoción Económica Turismo e Medio Ambiente, xestionada por Liss Suárez Becerra, quere dar a noraboa ao gañador deste I Concurso: ao local A Covadanca e facer extensiva esta felicitación a todos e cada un dos locais que participaron nel e que o fixeron posible; aos veciños que cataron tan ricos petiscos; a todos os que votaron polo seu favorito e, en
definitiva, a todos os que seguen apostando pola calidade da nosa gastronomía e do noso ocio.

Gracias a todos pola vosa participación, sen vós esto non sería posible.

Arquivado en