26 / OUT / 2025
A Concellería de Cultura programa o domingo 26 de outibro ás 19:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura a obra teatral "Os dous de Sempre" . Entrada libre ata completar aforo
A Concellería de Cultura programa o espectáculo teatral "Os dous de sempre" dentro deste ano 2025, no que se conmemora o 75 aniversario do falecemento dunha figura clave tanto da cultura como da política galega como foi Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Coa actuación de Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Josito Porto.