
A Concellería de Benestar social e Igualdade e Emprego convida á cidadanía de Sada á representación teatral "#2 Pilgrims" na Casa da Cultura Pintor LLorens o día 6 de marzo ás 18:30.
ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO
"#2 Pilgrims" é unha obra de teatro da compañía galega Redrum Teatro, interpretada por Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo, enfocada na igualdade, a prevención da violencia de xénero e a educación en valores.
SINOPSE:
Lembrades a Sheyla Fariña e a Guillermo Carbajo? Probablemente non. Pero nalgún momento das súas vidas foron persoas recoñecidas polos seus traballos na televisión. Ela protagonizou a serie Acacias 38, e el foi o neno de Pratos Combinados. Agora as súas carreiras están acabadas.
Vivimos nun mundo caótico e imprevisible pero grazas a globalización, ás redes sociais, a Netflix e a un ditador psicópata, quizáis lles quede unha última oportunidade que retornar a ese firmamento de estrelas da TVG.
O Camiño de Santiago, a igualdade e as novas masculinidades serán os temas principais do proxecto #2Pilgrims, unha aventura cativadora que poderá catapultar as súas carreiras á actualidade internacional.