Sendereando no Camiño Inglés polo roteiro do Hospital de Bruma (Mesía)

25 / NOV / 2019

Sendereando no Camiño Inglés polo roteiro do Hospital de Bruma (Mesía)

A OMIX do Concello de Sada organiza un novo roteiro do Sendereando no Camiño desta volta polo roteiro do Hospital de Bruma (Mesía)

Inscrición en liña

Domingo 15 decembro Percorrido dunha distancia de 16 km e cunha dificultade media.

É moi importante ter unha condición de saúde para realizar as nosas rutas. Non recomendamos que sexan realizadas por persoas que teñan problemas graves de visión, lesións musculares, óseas, etc, xa que incrementa o risco de sufrir accidentes.

Poderán participar maiores de 10 anos sempre que vaian acompañados dun adulto

Terán prioridade as persoas empadroadas en Sada (comprobarase de oficio)

Actividade gratuita (inclúe transporte, seguro e guías), os participantes deberán levar a súa comida.

Saída ás 10.00h dende o Concello e regreso aproximado ás 18.00h

Data límite para realizar a inscrición: 8 decembro

En caso de superar as 50 inscricións , realizarase un sorteo o día 9 de decembro ás 10.00 na OMIX.

Para saber se tes praza deberás consultar a listaxe de admitidos a partir dese mesmo día a partir das 13.00h na web www.sada.gal ou na Oficina da Xuventude.

NOTA: As persoas que obteñan praza e desexen renunciar, deben comunicalo no teléfono 981.620331 ou no correo omixsada@gmail.com.

DATA LÍMITE PARA AVISAR DA RENUNCIA: XOVES 12 de decembro ás 14.00h.

O feito de non comunicar a renuncia en tempo e non acudir ao roteiro implica pasar automáticamente á listaxe de agarda na seguinte salida.

Arquivado en