Samaín Sada 2021

08 / OUT / 2021

Samaín Sada 2021

O Concello de Sada, a través das concellerías de Mocidade e de Promoción Económica e Turismo, programa numerosas actividades para as datas do Samaín en Sada

NOTA: Por mor das inclemencias meteorolóxicas adversas para o fin de semana do Samaín algunas actividades cambian a súa ubicación inicial 

Venres 29 outubro

Xincana e escaparates de medo:

  • Percorre durante a tarde os locais participantes completando refráns populares a cambio de doces e gaña premios empregando o cancelo #samaínsada2021

Danzas de Samaín:

  • Actuación da Escola de Baile "Sadanza" no Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns ás 19:00.

Ambientación de Rúa:

  • Sumérxete no espíritu do samaín con música ambiente polas rúas centrais de Sada
  •  

Sábado 30 outubro

Danzas de Samaín:

  • Actuación da escola de danza "Carmen López" no auditorio da Casa da Cultura ás 18:00.

Búscase a Dona Milagros

            Actividade de medo no Pavillón Polideortivo de Sada de 19:00 a 22:00.

 

Domingo 31 outubro

Actuación infantil no auditorio da Casa da Cultura:

  • -"A Cabaza Encantada" - compañía Teatro Calavera ás 12:00.

Cine infantil auditorio casa da cultura (ata completar aforo)

  • Monster house +7 anos - 18.00h
  • Scape room +12 anos - 20.00h

Ademais realizaráse un sorteo de agasallos nas redes sociais durante a fin de semana.

 

E nas parroquias...

O concello de sada programa nos diferentes centros cívicos municipais actividades dirixidas a público infantil e familiar relacionadas co magosto e o samaín en colaboración coas asociacions de veciños participantes.

  • Carnoedo 23 outubro ás 17:00  -“Cantos, contos e outras animaladas”
  • Soñeiro 23 outubro ás 17:00  - “contos na lareira”
  • Veigue 30 outubro ás 17:00 - “contos do samaín”
  • Mondego 31 outubro ás 17:00 - “rebumbio de samaín”
  • O Castro (Osedo) 6 novembro ás 17:00 - “Os contos da Galicia Máxica”
  •  

 

Arquivado en