Sada reclama unha maior cobertura de fibra óptica

28 / MAI / 2021

Sada reclama unha maior cobertura de fibra óptica

O Concello de Sada, a través da concellería de Novas Tecnoloxías alegou ante o Ministerio de Asuntos  Económicos e Transformacion Dixital na consulta pública para identificar zonas sen dotación de fibra óptica  

Sada, 28 maio 2021.

A concelleira de Novas Tecnoloxías, e Participación Cidadá,  Rebeca Mouriño, puxose nos últimos días en comunicación coa subdelegación do Goberno en A Coruña para advertir desta  contradición. “Podemos alegar sobre a relación preliminar que manda o Ministerio pero non podemos ampliar ese listado e reclamar que a nosa necesidade é unha maior dotación de fibra en todo o termo municipal, sobre todo en Veigue e Meirás, parroquias nas que o sinal de 4G tampouco é de calidade”.

O concello xa comunicou en varias ocasions ao Ministerio os retrasos que levan no programa de extensión de banda ancha de nova xeración e nesta ocasión ademáis de alegar sobre as zonas blancas e grises da instalación de fibra reclamó por outra vía a ampliación da rede de fibra óptica y reclamará ante a Xefatura Provincial de Inspección de Telecomunicaciones que acelere os plan de despregue de previstos que todavía está sen executar.

“Levamos varios meses insistindo neste problema  e poñendonos en comunicación coas distintas administracións”, sinala Mouriño quen tamén incide na necesidade de desprege da rede 5G nas zonas onde non teñen cobertura actualmente. “Cada semana, subliña Rebeca Mouriño, recibimos numerosas queixas dos veciños, especialmente das parroquias, e necesitamos que nos den unha solución urxente”.

Arquivado en