Sada programa un Nadal cheo de actividades e promoción do comercio local

07 / DEC / 2022

Sada programa un Nadal cheo de actividades e promoción do comercio local

O acendido do Nadal terá lugar o luns 12 de decembro a partir das 18:00 na praza de San Roque e Linares Rivas. A campaña “Merca en Sada, Merca Local” sorteará os días 16, 23 e 30 de decembro tres cestas valoradas en 200€ e o 4 de xaneiro un premio de 500€.

O Concello de Sada, a través da concellería de Cultura, Comercio e Turismo, programa as actividades do Nadal 2022 que comezarán o sábado 10 de decembro e rematarán o xoves 5 de xaneiro coa Cabalgata de Reis

Desde a concellería xestionada por José Luis Tellado organizaranse actividades para todas as idades con entrada libre e potenciarase o comercio local con diversos sorteos nos que as persoas que merquen nos comercios de Sada poderan gañar diversos premios.

A programación do Nadal comezará este sábado cun Festival de Panxoliñas na Casa da Cultura. A cita será ás 19:00 horas. O luns 12 darase inicio ao acendido navideño e á campaña do Nadal no comercio local “Merca en Sada, Merca Local” 

“Merca en Sada, Merca Local, é a campaña para potenciar o comercio local pola que as persoas que merquen nos comercios do municipio poderán gañar cestas, valoradas en 200€, e un premio de 500€. Os sorteos das cestas poderán seguirse nas redes sociais do Concello de Sada os días 16, 23 e 30 de decembro e o sorteo dos 500€ o 4 de xaneiro.

A segunda fin de semana de festas do Nadal comezará o venres 16 co espectáculo de monicreques "A historia do Apalpador" na Casa Cultura ás 18.30. O sábado 17 a Banda Municipal de Música de Sada ofrecerá o tradicional Concerto do Nadal ás 19.30 na Casa da Cultura. Ese fin de semana a concellería de Cultura programa unha sorpresa que instalarase detrás do edificio de A Terraza onde para disfrute de toda a familia.

Na semana de Nadal o mércores 21 e xoves 22 os Reis Magos visitarán os centros educativos. O vernes venres 23 pola tarde celebrarase a Festa de Nadal organizada pola AMPA Sada y sus Contornos no Pavillón Municipal

Na semana de Fin de Ano do luns 26, ao mércores 28 teremos en Sada o Tren do Nadal no que poderán subir as familias que o desexen de maneira gratuita de 16.30 a 20.30 nun paseo polo centro urbano da localidade. Ademáis do luns 26 ao vernes 29 prográmanse obradoiros infantís en horario de 11.00 a 13.00 no local actividades da OMIX para as que haberá que realizar inscrición previa na web municipal.

Rematará a semama coa programación do xogacontos "Onde está Larry?" da compañía Teatro Calavera o venres 30 ás 18:30 na Casa Cultura e co Circuito Asilvestrado, unha San Silvestre para toda a familia, que se levará a cabo no barrio de A Tenencia o sábado 31 a partir das 12.00 horas onde colabora a Asociación Eres de Sada si.

O ano 2023 comezará con numerosas actividades.  O luns 2 e martes 3 os paxes reais visitarán as parroquias. Tamén o luns 2 prográmase o xogacontos “Festa malvada” e o martes 3 outro espectáculo infantil. Ambos Terán lugar ás 18:30 na Casa da Cultura.

O mércores 4 a concellería de Cultura, Comercio e Turismo programa cine infantil coa proxección ás 18:30 horas da película "A galiña turuleca".

Rematarán as festas do nadal coa tradicional Cabalgata de Reis e a recepción Real na Casa Cultura a partir das 19:30  do xoves 5 de xaneiro.

Inscrición de Figurantes na Cabalgata de Reis 2023.

Arquivado en