Sada programa cursos gratuitos de horticultura

16 / MAI / 2022

Sada programa cursos gratuitos de horticultura

A Concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Tics ten programa cursos de horticultura buscando que a veciñanza de Sada e a cidadanía en xeral, participen en actividades de lecer e tempo libre coa finalidade de que poidan adquirir habilidades persoais e aprendizaxe de novas capacidades relacionadas coa temática de horto urbano e agricultura ecolóxica.

Bases de participación no Cursos de Horticultura

Formulario en liña de inscrición (O prazo para o terceiro curso ábrese o luns 2 de maio)

LISTAXE DE SOLICITANTES CON PRAZA ADXUDICADA  3º EDICIÓN CURSO HORTICULTURA ECOLÓXICA

DESTINATARIOS/AS

Mozos e mozas a partir de 14 anos (inclusive) e adultos en xeral.

Terán preferencia:

  • Mozos e mozas entre 14 e 30 anos empadroadxs en Sada.
  • Adultos a partir de 30 anos e empadroadxs en Sada
  • Mozos e mozas entre 14 e 30 anos empadroadxs noutros concellos.
  • Adultos a partir de 30 anos e empadroadxs noutros concellos.

O empadroamento será comprobado de oficio.

O límite de prazas será 12 persoas por cada grupo

A oferta de prazas poderá ser modificada por causas organizativas, dependendo das restriccións sanitarias nese momento, sempre e cando a concellería considere a idoneidade de aumentar ou diminuir os grupos.

Para que os cursos se realicen deberá haber un mínimo de prazas solicitadas ou será cancelada esa edición.

 En todo caso, poderase establecer unha listaxe de agarda en caso de que a demanda supere a oferta e non poida ser cuberta.

 

 TEMPORALIZACIÓN E LUGAR DE REALIZACIÓN

As sesións formativas celebraranse no periodo de marzo a xuño, quedando desta forma:

  • Curso 1: os xoves 17, 24, 31 de marzo e 7 de abril - (XA REALIZADO)
  • Curso 2: os xoves 21, 28 abril e 5,12 de maio - (ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN O LUNS 4 DE ABRIL)
  • Curso 3: os xoves 19 e 26 de maio, 2 e 9 de xuño - (ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN O 2 DE MAIO)

O horario provisional será pola tarde de 16.30 a 19.00h.

As sesións celebraranse na parcela habilitada como horto urbano no barrio da Tenencia.

En caso de condicións meteorolóxicas adversas ou necesidade de equipamentos informáticos para ter formación teórica, poderán ser utilizada a aula de actividades da Oficina da Xuventude.

 

SOLICITUDE DE PRAZA

As persoas interesadas deberán formalizar a inscrición a través das seguintes vías:

As inscricións poderán facerse individual ou de forma grupal até 2 participantes

A adxudicación realizarase segundo a hora e día de entrada no formulario web ou no rexistro da sede electrónica de ser o caso.

Unha vez que se esgoten as prazas ofertadas, establecerase unha listaxe de agarda por se quedasen vacantes. A confirmación de prazas será indicada por correo electrónico ou telefónicamente en caso de non ter enderezo.

 

PRAZOS

As inscricións para 3 cursos terán lugar nos seguintes prazos:

  • Curso 1: Inscrición do 1 ao 13 de marzo.
  • Curso 2: Inscrición do 4 ao 17 de abril.
  • Curso 3: Inscrición do 2 ao 15 de maio.

Arquivado en