Sada oferta a práctica de 14 disciplinas deportivas para o presente curso.

14 / SEP / 2021

Sada oferta a práctica de 14 disciplinas deportivas para o presente curso.

Este ano a Concellería de Deportes e os clubes de Sada ofertan 14 disciplinas deportivas para practicar durante o presente curso escolar. Atletismo, triatlón, xadrez, fútbol, fútbol sala, boxeo, halterofilia, patinaxe de velocidade, patinaxe artística, salvamento acuático, taekwondo, judo, baloncesto e vela lixeira.

Folleto informativo

A concellería de Deportes organiza en colaboración cos clubes deportivos de Sada as escolas deportivas municipais para o curso actual que terán comezo o 1 de outubro e rematarán en xuño de 2022. 

Este ano a concellería de deportes oferta 14 disciplinas deportivas para practicar durante o presente curso escolar. Atletismo e triatlón, xadrez, fútbol, fútbol sala, boxeo, halterofilia, patinaxe de velocidade, patinaxe artística, salvamento acuático, taekwondo, judo, baloncesto, golf e vela lixeira. 

A información de cada especialidade deportiva pode obterse nas propias entidades que imparten as escolas ou no teléfono 981 20 00 75 (ext. 262).

Débese cumprimentar a folla de inscrición (que entregará cada clube), debendo ser entregada nos propios clubes. Unha vez cumprimentada a ficha, e achegada aos distintos clubes, estes darán confirmación da praza e a data de comezo da actividade. O pago levarase a cabo coa entidade deortiva colaboradora.

Para o corecto desenrolo destas escolas municipais adoptaranse as medidas COVID vixentes e aprobadas en cada momento.




 

Arquivado en