Sada Limpa: o plan de limpeza integral das rúas do municipio

18 / OUT / 2020

Sada Limpa: o plan de limpeza integral das rúas do municipio

A Concellaría de Obras e Servizos acaba de pór en marcha o plan "Sada Limpa", unha iniciativa con que se pretende mellorar a limpeza das distintas rúas e espazos públicos do Concello.

Sada, 18 outubro 2020

Para iso, procederase a realización de tarefas de limpeza empregando nelas lavadoras con auga a presión, varredoras industriais e baldeadoras, completando os devanditos traballos con varridos manuais dos distintos sectores. 

Para optimizar o resultado, desde o Concello está a solicitarse a colaboración da veciñanza á hora de retirar os vehículos das vías públicas en que se vaia a intervir para así poder actuar nos distintos sectores de maneira integral. 

Para o deseño do plan "Sada Limpa", os técnicos do Concello de Sada xunto cos da empresa adxudicataria da limpeza viaria dividiron o centro urbano de Sada en dez zonas de intervención que abranguen toda o contorno urbano. As actuacións en todas elas realizaranse os luns, mércores e venres do mes de outubro. 

Unha vez rematado o centro urbano, "Sada Limpa" trasladarase aos núcleos e rueiros existentes nas distintas parroquias que conforman o Concello coa finalidade de estender o plan a todo o municipio. 

O concelleiro de Obras e Servizos, Fernando Fariña, quere destacar que "esta é a fase inicial dun plan que se executará dúas veces ao ano (outono e primavera) sempre buscando mellorar os resultados obtidos e sempre co obxectivo de conseguir unha optimización dos distintos espazos públicos do Concello".

- Realizado

- Zona 1.- Rúa da Praia + Rúa da Obra + 2ª Trav. Obra + Trav. Delicias + Av. Rep. Arxentina.

- Zona 5.- Praza de San Roque + Tenencia (até a Praza da Barrosa).

- Zona 7.- Praza Irmáns Suárez Picallo.

- Zona 8. (Estase a realizar hoxe) - Paseo Marítimo (zona pistas) + entorno Casa da Cultura + Av. do Porto (até Carrefour).

 - Zona 2.- Rúa Venezuela + Rúa Lagoa + Rúa Río + 1ª Trav. Obra + Rúa Sada da Area + Rúa Betanzos + Barrio de Pose e Av. Xoán Vicente Viqueira.

Próximas paradas de Sada Limpa:

- Mércoles 21.- Zona 3. Barrio Cantalarrana + Rúa Bergondo + Rúa Linares Rivas + Rúa Oleiros + Rúa Ponte + Rúa Cortaduría + Bulevar da Terraza.

- Venres 23.- Zona 4. Rúa Pontedeume + Rúa Miño + Rúa Oza dos Ríos + Av. Coruña + Zona Igrexa Nova.

- Luns 26.- Zona 6. Av. da Mariña (desde o Concello até o hotel) + Paseo marítimo (desde rotonda do Concello até a Praza Irmáns Suárez Picallo) + Av. Párroco Villanueva + Rúa Compostela.

- Mercores 28 e Venres 30.- Zona 9. Av. do Porto + Av. da Mariña (detrás hotel) + Av. Sada e Contornos + Fontán + Rueiro de Pazos + Sada de Arriba. 

Arquivado en