Sada licita a reforma integral do Paseo Marítimo

19 / XUN / 2019

Sada licita a reforma integral do Paseo Marítimo

-As obras discurrirán entre a desembocadura do Rio Maior e as escaleiras de Fontán e mellorarán pavimentos, xardinería e asentamentos.

-Enlace á licitación

Sada, 19 xuño 2019.

A fachada ó mar de Sada, é un dos seus principais valores. O seu Paseo, desde a desembocadura do Río Maior, ata o porto pesqueiro, pasando polo ámbito da Marina ou o Porto Deportivo, é un foco de atracción para o paseo e disfrute, tanto dos sadenses coma dos visitantes, durante todo o ano.

O proxecto de reforma integral desta zona, cuia licitación aprobou a última Xunta de Goberno Local,  diferencia entre o ámbito da praia e o do Paseo do Porto. O primeiro, constitúese no parque urbano máis grande de Sada. Un espazo onde se disfruta do xogo dos nenos con novo parque infantil, da sombra das árbores que posúe ou de calquer festa ou feira das que se celebran na Praza Suárez Picallo. O segundo é un lugar de paso e paseo, máis especializado para esa fin, cun carril bici que nos permite chegar con rapidez á zona do porto, así coma acceder desde o paseo aos locais de hostelaría que se concentran neste itinerario.

A última reforma nestes dous espazos, data dos anos noventa, polo que xa se nota o paso do tempo. A única novidade é a recente prolongación do carril bici polo aparcamento do paseo da praia ata diante da casa do Concello.

Debido ao deterioro nos dous ámbitos, tanto de pavimentos (xeralizado ó longo de todo o paseo do porto e máis puntual no paseo da praia e praza Suárez Picallo) como de especies vexetais do paseo marítimo de Sada, realizarase unha reforma integral do paseo cambiando tanto pezas do pavimento en mal estado, así como dando unha nova capa de pinturas de pavimentos nos tramos de paseo; e a reposición de especies vexetais afectadas removendo as vellas, que en moitos casos supoñen un problema de seguridade, por outros exemplares novos.

Tamén existe un problema de asentamento no recheo sobre o que se apoia este paseo, que provoca que nas zonas verdes máis extensas se formen vaguadas puntos baixos, que cando hai chuvias intensas, esta tende a inundarse creando barro, de maneira que é pouco aproveitable para o xogo dos nenos, ademáis, ó non desaugar correctamente, incide no problema do asentamento xa que estas vaguadas continúan asentando cada vez que se forma unha balsa, recompactándose coa absorción da auga. Esta problemática coincide no espazo cos problemas na rede de rego en toda esa zona, xa que en moitos puntos actualmente no son instalacións reparables, polo que realizarase unha renovación completa dunha serie de ámbitos afectados.

ACTUACIÓNS CONTRA O ASENTAMENTO DO TERREO 

Iniciaráse a actuación coa retirada e acopio dunha capa de 20 cm en toda a superficie na que se deba cambiar as cotas. Esto permitirá manter a terra actual, minimizando os aportes externos, e evitando perdela ó quedar soterrada. Identificación dos puntos onde existen sumidoiros, recrecéndoos ata a nova cota, e conectando neles drenaxes perimetrais que permitan a rápida evacuación das augas que se filtran baixo a capa drenante ata a rede de pluviais existente. Esta drenaxe faráse cun tubo dren rodeado de material máis fino, así coma xeotextil.  Reposición e sembrado con céspede da capa vexetal previamente retirada. Teráse coidado de non soterrar o pé das árbores, que podería supor a súa morte. Estas árbores atópanse fundamentalmente no seu perímetro, polo que este risco é mínimo, xa que non se prevé modificalas cotas nos viais que rodean estes panos.

REPOSICIÓN DE REDE DE REGO

Esta rede ademáis de atoparse totalmente deteriorada e irrecuperable en moitos puntos, vese afectada polo cambio nas cotas do terreo, polo que se executarán as seguintes actuacións:  Execución da nova rede adaptada á superficie e necesidades de cada pano en concreto.  Ubicación de aspersores de diferentes alcances, difusores ou goteiros, segundo planos.  Aporte de elementos de regulación, programadores, electroválvulas… así coma conexión ós mesmos puntos de acometida á rede que existen actualmente para evitar cruzamentos e demolicións de firme innecesarias.  Reparación da rede existente no paseo do Porto

XARDINERÍA 

Reposición de árbores que xa sexa por envellecemento ou enfermidade han de ser retirados y substituídos por outros que manteñan o paseo en harmonía visual có xa existente, Ademais de introducir especies que aporten cores máis cálidas ó conxunto do paseo.  No ámbito do paseo do porto, nos panos que actualmente só ocupan árbores, intercalar diferentes grupos de Hortensias, que coa súa frondosidade e cor, separarán visualmente o tráfico de vehículos do de bicicletas e peóns.  Espallados polas pradeiras no ámbito da praia, ubicaránse grupos de pequenos gavións, ós que se lles encherá de pedra do país e branca, e se vexetarán con hedras vermellas. Estes gavións, estarán nalgúns casos dotados con banco de madeira para poder ser utilizados deste xeito. Estes elementos son totalmente móbiles, polo que permitirá modificar a súa ubicación de xeito flexible no futuro.

PAVIMENTOS 

Repintado de varios tramos do carril-bici nos tramos iniciais na cor vermella que xa se utilizou para o novo carril bici, ademais de pintar as marcas viais correspondentes (liña discontinua central, pasos de peóns, símbolos…).  Reparación de zonas agretadas no paseo peonil de formigón vermello que discorre polo paseo do porto. Ademais, actuarase sobre os recadros de granito poñéndoos a cota precisa, segundo a lei de accesibilidade vixente. Posteriormente homoxeinizaráse o aspecto do pavimento cunha pintura de pavimentos cor ocre.  Racionalización de pasos de peóns no ámbito do paseo o Porto, evitando duplicidades e pasos ata puntos que non cumpran condicións de accesibilidade requeridas por Lei. Búscase minimizar o número de cruzamentos, de xeito que se evitan moitos puntos perigosos, dándolle continuidade en todo o ancho dos viais, ordenando así os cruzamentos. Isto requerirá labores de demolición e reconstrución de bordillos a diferentes alturas.

Dotaráse de pavimentos podotáctiles tanto os novos pasos de peóns coma os cruzamentos dos paseos existentes con outros itinerarios.  Cambio das baldosas hidráulicas onduladas existentes na praza Suárez Picallo, por outras novas, actuando sobre as que supoñen a formación de irregularidades e roturas. 

ORZAMENTO

O proxecto que sae a licitación conta cos permisos de Portos de Galicia e Xunta de Galicia e ten un orzamento de 217.208,92 €, incluído IVE. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas antes do 8 de xullo do 2019.

Arquivado en