Sada leva ao Consello Consultivo o expediente de asunción de competencias impropias para facer fronte aos gastos do CEIP O Mosteirón

17 / SEP / 2016

Sada leva ao Consello Consultivo o expediente de asunción de competencias impropias para facer fronte aos gastos do CEIP O Mosteirón

-"O que temos claro, sinala o alcalde de Sada Benito Portela, e que esto non pode seguir así e ou ben pagamos nos, ou ben paga a Xunta. Pero que o faga xa. Desde a entrada deste goberno queremos dar unha solución ao problema de Mosteirón pero sempre atopámonos coas trabas da Xunta".

-"Dende o Concello, indica a concelleira de Educación Raquel Bolaño, estamos a poñer todo da nosa parte para resolver este asunto, terianos gustado unha mayor implicación por parte da Xunta".

Sada 17 setembro.

O Concello de Sada ven de tramitar un expediente de asunción de competencias impropias para poder facer fronte aos gastos de conservación e mantemento do CEIP O Mosteirón, ubicado nun inmoble de titularidade da Xunta de Galicia, por entender, en base ao criterio do Secretario do Concello, que os gastos de mantemento, vixiancia e conservación de centros de ensino destinados a educación infantil e primaria únicamente son de competencia municipal cando se producen nun centro de titularidade municipal (en aplicación do artigo 25.2.n da Lei de Bases do Réxime Local).

Sen embargo, a administración da comunidade autónoma remitiu informe emitido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no que se da por feito que non existe competencia impropia algunha, baseando o mesmo na disposición adicional 15ª da Lei Orgánica de Educación (Lei orgánica 2/2006), que se refire simplemente a que a conservación, mantemento e vixiancia de edificios destinados a educación infantil e primaria corresponderalle ao municipio respectivo.

Existe, polo tanto, unha aparente contradicción entre a normativa de aplicación, polo que o goberno local decidiu solicitar do Consello Consultivo de Galicia  que, de acordo co apartado b do artigo 13 da Lei 3/2014, sexa emitido ditame sobre o conflicto de atribucións detallado.

O órgano competente da comunidade autónoma non resolveu o mencionado expediente, por non entender que exista tal competencia impropia, é por elo que o Goberno de Sada solicitará a emisión de ditame ao Consello Consultivo de Galiza sobre o conflicto de atribucións entre dúas administracións que claramente se pon de manifesto neste expediente. "É unha vergoña, indica o alcalde de Sada, que a Consellería de Educación, como responsable que é da educación en Galicia, non teña resolto este tema. Os nenos e nenas do CEIP O Mosteirón así como os país e nais e a comunidade escolar ó único que queren é unha resolución a este problema que a Xunta ven alargando desde hai 10 anos."

O goberno local fixo todo o necesario para asumir mediante o correspondiente expediente unha competencia impropia os gastos do mantenemento do CEIP O Mosteirón por entender que os estudiantes non teñen a culpa das disputas entre administracións.

"O que temos claro, sinala Portela, e que esto non pode seguir así e ou ben pagamos nos, ou ben paga a Xunta. Pero que o faga xa. Desde a entrada deste goberno queremos dar unha solución ao problema de Mosteirón pero sempre atopámonos coas trabas da Xunta".

Ña mesma liña opina a concelleira de Educación, Raquel Bolaño, "desde o Concello estamos a poñer todo da nosa parte para resolver este asunto, terianos gustado unha mayor implicación por parte da Xunta".

Bolaño sinala que o Concello está disposto a asumir o mantenemento ainda que non sexa a nosa competencia pero nin asi porque o expediente cerrouse con un "non teño nada que informar" por parte da Xunta".

"Nos, finaliza Bolaño, seguimos a esgrimir os miolos para darlle unha solución a esta situación, polo colexio e polo alumnado, pola xente ao fin e ao cabo, facendo a consulta ao consello consultivo de Galicia, subindo un escalón más ala da Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria".

"Os concellos temos que ter un maior grao de autosuficiencia para non ter problemas coma este, denuncia o alcalde que ademáis non entende como chegouse a esta situación. "Se a Xunta non quere pagar a través da Consellería de Educación que nos deixe a nos."

Arquivado en