Sada instala unha válvula para evitar unha nova "sabotaxe" co cloro da piscina municipal

25 / MAI / 2023

Sada instala unha válvula para evitar unha nova "sabotaxe" co cloro da piscina municipal

A instalación tivo que pechar o día 5 de maio por problemas co nivel do cloro.

A alcaldesa, María Nogareda, asegura que o incidente se debeu a un acto intencionado. "Presentamos una denuncia ante a Garda Civil, pero agora temos que abrir un expediente informativo ao respecto, foi unha sabotaxe o que concluíron os informes, outra cousa é que cheguemos a saber quen foi", puntualiza.

Esta situación derivou na instalación dunha válvula automática, o que obrigou a pechar onte mércores de novo o complexo durante tres horas. "Evitamos así que alguén manipule directamente o sistema», avanza Nogareda, que precisa que los dos informes que recibieron son claros".

Aircosta Climatización, responsable da posta en marcha da piscina e o seu mantemento, recolle que o día 4 revisáronse a temperatura, o pH e a humidade e a piscina funcionaba correctamente. Só axustaron a dose de cloro, ao atopalo «algo baixo» e que o día 5 comunicáronlles «un exceso de cloro esaxerado, polo cal se procede ao peche por non estar nas condicións óptimas para o baño». 

Esproade (responsable do acceso da instalación) noutro informe, que ás 7.30 horas a actividade iniciouse con normalidade e ás 9.15 tívose que pechar o vaso. Explican que o rango máximo permitido de cloro está entre os 0,5 e 2 miligramos por litro e supera os 8. A conclusión de ambos os informes é que xa que non consta avaría ou fallo previo cre que debería considerarse como a orixe do incidente «a manipulación da dosificadora» ou «a aplicación directa de cloro ou derivados en superficie».

Informe AirCosta

Informe Esproade

Arquivado en