Sada instala unha estación de autorreparación e limpeza de bicicletas

23 / XUN / 2021

Sada instala unha estación de autorreparación e limpeza de bicicletas

O Concello de Sada, a través da Concellería de Medio Ambiente e Normalización Lingüística, habilitou unha estación de limpeza e automantemento de bicicletas, libre e de balde, na zona deportiva do Paseo Marítimo  en resposta á demanda dos usuarios e usuarias do municipio.

"Apostamos por un pobo máis sustentable e saudable, que sexa cómodo para as persoas que apostan pola bicicleta, indica a concelleira Marisa Rúa, quen engade que “este tipo de accións tamén pretenden aumentar o uso da bicicleta como medio de transporte”.

Sada, 23  xuño 2021.

A Concellaría de medio Ambiente e Normalización Lingüística, xestionada por Marisa Rúa, habilitou unha estación de reparación e limpeza de bicicletas na zona deportiva do Paseo Marítimo  en resposta á demanda dos usuarios e usuarias de bicicletas do municipio.

Esta estación de lavado de bicicletas, situada detrás das pistas polideportivas do Paseo Marítimo,  conta con sistema de autoservizo e disporá dunha mangueira de lavado de bicicletas,  catro cepillos de limpeza asegurados con cables (cepillo para limpar sucidade dura en rodas e compoñentes, cepillo cono para as esquinas, cepillo de dous dentes para marco, radios e disco e outro cepillo en forma de garra para cadeas) casetes e detalles. 

"Apostamos por un pobo máis sustentable e saudable, que sexa cómodo para as persoas que apostan pola bicicleta, indicou Rúa, quen engadiu que este tipo de accións pretenden aumentar o uso da bicicleta como medio de transporte”.

"Queremos que a bicicleta gañe terreo na nosa cidade e para iso estamos a facer un importante traballo non só en acondicionar zonas para limpiabicis, senón tamén en dotar a Sada das ferramentas necesarias para que o tránsito coas bicicletas sexa máis cómodo e seguro", indicou a concelleira Marisa Rúa lembrando que nos últimos anos creouse un novo carril bici na zona urbana do municipio.

Dende o Concello agardan que a cidadanía reciba este tipo de instalacións como propias e, en consecuencia, teñan un comportamento cívico facendo un bo uso da estación para mantela nun estado óptimo.

Arquivado en