Sada instala recunchos de lectura nas casas do pobo das parroquias

28 / MAR / 2022

Sada instala recunchos de lectura nas casas do pobo das parroquias

“A maleta viaxeira” chega ás parroquias de Sada para promover hábitos de lectura. A concelleira de participación Cidadá e Mocidade, Rebeca Mouriño, propón con esta iniciativa “revitalizar os espazos creando lugares atractivos onde prime o movemento social interxeneracional”.

Como parte do propósito de revitalizar  as casas do pobo e logo de realizar diferentes melloras nas instalacións , desde a Concellería de Participación Cidadá e Mocidade, xestionada por Rebeca Mouriño, dotará os centros sociais municipais cun novo recuncho de lectura.

Neste sentido se instalará unha libraría en cada un dos centros que ten horario diario de apertura ao público, que se dotará de diversas lecturas infantis e xuvenís .

Precisamente con motivo de varias celebracións que teñen lugar no mes de abril en relación á animación da lectura e para a presentación de este novo espazo, a concellería achegará “A maleta Viaxeira”, unha serie de actividades de dinamización infantil en todos os centros sociais das parroquias consistente nun pequeno contacontos dramatizado .

A maleta viaxeira percorrerá todos os centros sociais parroquias para achegarlles aos mais cativos as historias das personaxes fomentando así hábitos de lectura en familia e dando a coñecer os novos espazos cos que contarán as casas do pobo do concello.  Esta actividade terá lugar todos os sábados do mes de abril.

O sábado 2 de abril desprazarase a O Castro (Osedo) ás 12:30 e a Veigue ás 18:00 horas. O seguinte sábado 9 de abril A Maleta Viaxeira estará ás 18:00 horas en Carnoedo. O sábado 23 de abril chegará a Soñeiro ás 18:00 horas e finalmente o sábado 30 de abril rematará a súa viaxe en Meirás ás 12:30 horas e ás 18:00 en Mondego.

Desde a concellería de Participación Cidadá realizarase ademáis na semana do Día do Libro un mercado- troco de libros. Esta actividade levarase a cabo na Praza da Peixería do 20 ao 22 de abril en horario de 17.00h a 19.00h, onde habilitarase un espazo de lectura e diversas actividades ao aire libre.

Como colofón o día do Libro, o 23 de abril 12.00 a 14.00h, prográmase  unha nova edición de “Sada Le” onde varias parexas de personaxes literarios contarán sus historias aos mais cativos porpoñéndolles pequenas probas e xogos.  Esta actividade contará coa participación da escola de baile de Carmen López e de Sadanza que dinamizarán as rúas de Sada con adaptacions de danza.

Arquivado en