Sada inicia un programa pioneiro que aborda necesidades na adolescencia

14 / MAR / 2024

Sada inicia un programa pioneiro que aborda necesidades na adolescencia

Trátase dun programa pionero no Concello de Sada que aborda as necesidades da mocidade tratando as problemáticas relacionadas con habilidades sociais e emocionais das que eles mesmos ás veces non son conscientes.

O Concello de Sada, a través da concellería de Educación, comeza a programar  no IES de Mosteirón talleres para adolescentes enfocados en habilidades sociais, xestión emocional, xestión de redes sociais e outros problemas comúns da mocidade que poden necesitar intervención.

Este programa nace da inquietude de familias e profesorado ante os adolescentes de entre 12 e 16 anos que teñen dificultade xestionar as súas emociones ou controlar comportamentos impulsivos , problemáticas sobre todo no ámbito social.

O programa xurde como unha resposta integral ás demandas emocionais, sociais e dixitais que enfrontan os nosos estudantes na actualidade e estrutúrase en doce sesións, que terán lugar una vez á semana, nas que se levan a cabo distintas actividades colectivas nun ambiente seguro e de confianza onde a mocidade se sinta escoitada e poida reflexionar acerca de temas que lles preocupan

Cada módulo deste taller foi coidadosamente deseñado para fomentar un desenvolvemento positivo e equilibrado, abordando os aspectos cruciais da adolescencia.

“A adolescencia é unha etapa ponte hacia a idade adulta e  precisan ferramentas para aprender a acoplarse no ámbito social”  ” sinala a concelleira Rebeca Mouriño quen está convencida que esta iniciativa “contribuirá a fortalecer  benestar emocional dos nosos estudantes”

Arquivado en