Sada conmemora el centenario de Carmen Arias de Castro “Mimina”

03 / DEC / 2021

Sada conmemora el centenario de Carmen Arias de Castro “Mimina”

O Concello de Sada conmemora o centenario de Carmen Arias de Castro, “Mimina”, a través dunha exposición sobre a súa vida e obra.

O Concello de Sada quere conmemorar o centenario do nacemento de Carmen Arias de Castro, Mimina, cunha mostra que repasa a súa traxectoria vital. A mostra pretende aportar luz sobre a persoa de Mimina, figura senlleira e fundamental na historia da Galiza do século XX e peza clave na creación do Complexo de Cerámicas do Castro e Sargadelos; repasando, para elo, parte do seu universo creativo: acuarelas, xoias, debuxos,... e persoal.

Mimina, filla adoptiva de Sada, foi desde os inicios unha peza troncal no nacemento e posterior evolución de todo o entramado cultural e empresarial do Castro-Sargadelos, aportando en todo momento unha visión audaz e innovadora a un proxecto cun marcado carácter identitario que buscaba situar a Galiza no epicentro de todo, empregando para elo a innovación aplicada á arte e á industria e recuperando a memoria histórica como alicerces sobre os que erguer e materializar unha idea pioneira e histórica para Galiza.

A mostra inaugurase o vindeiro mércores 8 de decembro na Capela de San Roque, en Sada, ás 13h e contará coa presenza da familia e das comisarias da exposición: María América Díaz, historiadora e especialista na figura de Isaac Díaz Pardo, e Cecilia Díaz Betz, fotógrafa, editora gráfica e neta de Mimina.

Arquivado en