Sada Comercio 2022 os días 2 e 3 de abril

11 / MAR / 2022

Sada Comercio 2022 os días 2 e 3 de abril

O evento do comercio local sadense cambia de datas, logo da petición dos comercios participantes ante a previsión meteorolóxica para este fin de semana, e terá lugar na nosa vila o sábado 2 e o domingo 3 de abril no espazo habilitado no Paseo Marítimo detrás da Terraza.

O paseo marítimo de Sada acollerá o sabado 2 e o domingo 3 de abril unha nova edición do Sada Comercio, unha feria de oportunidades que se consolida como unha das máis importantes, onde atoparánse desde artículos de moda, calzado e complementos, ata artesanía ou xoguetes no comercio local.

A concelleira de Promoción económica, Turismo e Emprego, Laura Rodríguez, sostén que a feira é unha oportunidade para que os visitantes atopen productos de excelente nivel a bo prezo, un impulso para proxecto de futuro do comercio local e un exemplo da aposta do Concello de Sada por darlle continuidades a actividades desestacionalizadas para avanzar na dinamización social da vila.

Arredor de 15 comercios locais participarán na edición da feira de comercio deste ano.

 

Arquivado en